Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS NENOS E NENAS DA GUARDA CONMEMORAN A FIGURA DE ROSALÍA NUN EMOTIVO ACTO

Os rapaces e rapazas recitaron poemas da escritora galega máis recoñecida. Esta foi a última das iniciativas organizadas en torno á poeta.

Os rapaces e rapazas recitaron poemas da escritora galega máis recoñecida. Esta foi a última das iniciativas organizadas en torno á poeta.

Fecha: 02 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Na mañá do Martes día 1 de Marzo de 2016, nenos e nenas de todos os centros escolares da Guarda, conmemoraron o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, nun emotivo acto na Praza do Reló.

Os alumnos e alumnas, acompañados polos seus mestres e portando distintas pancartas na honra de Rosalía, saíron dende os seus colexios para xuntarse todos, ás 12 horas, na céntrica praza fronte ó Concello.

Representantes de todos os colexios subíronse ao balcón do concello para responder á pregunta "Por que estamos aquí?". Os nenos e nenas responderon, entre outras cousas dicindo que Rosalía de Castro loitou polos galegos e pola lingua galega e por todas esas persoas que tiveron que emigrar.

Despois nas voces dos nenos recitouse o poema "Campana de Bastabales", poema na que Rosalía falaba da súa terra: [...]Miña casa, meu abrigo; vanse todos eu me quedo; sin compaña, nin amigo[...].

Para rematar este acto todos xuntos cantaron a canción do poema "Adios ríos, adios fontes" e mostraron as súas caretas da poeta feitas nas súas aulas.

A Concelleira de Cultura, Elena Baz, quixo salientar que "os nenos e nenas son o futuro, tamén os da lingua galega".

Semana por Rosalía

Con este acto tan emotivo, e tamén reivindicativo, o Concello da Guarda pechou todas as actividades programadas na "Semana por Rosalía".

Entre as iniciativas tamén destacou a pintada dun muro polos alumnos de Educación Secundaria de distintos colexios. O sábado pola mañá houbo unha sesión de "Contos Contados" nos que os nenos disfrutaron facendo un obradoiro sobre Rosalía de Castro.

Pola noite, no Centro Cultural houbo un acto no que se puxo en valor tanto a biografía coma a obra de Rosalía de Castro. O veciño guardés Manuel Cadilla foi o encargado de recitar poemas, os grupos "Carainas", "Ghaiteiros do Carreiro" e "Tremelique" , da Agrupación Cultural Guardesa serán os encargados de pór a música a este acto presentado por Beti Rey.

O Concello da Guarda quere agradecer a participación de todos os veciños e veciñas da vila nestes actos conmemorativos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones