Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os nenos e nenas da Guarda contan xa con actividades infantís

O vindeiro luns arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/20, debido ás previsións meteorolóxicas, algunhas actividades programadas mudan de emprazamento

O vindeiro luns arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/20, debido ás previsións meteorolóxicas, algunhas actividades programadas mudan de emprazamento

Fecha: 02 de Enero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O vindeiro luns día 23 de decembro arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/20, debido ás previsións meteorolóxicas, as accións programadas mudan de emprazamento, realizándose nos baixos da Casa dos Alonso.

Ludoteca de Nadal

Unha das primeiras actividades programadas é a Ludoteca de Nadal, un espazo concibido para que os máis pequenos teñan actividades de lecer con xogos mentres os pais e nais realizan as súas compras de Nadal no casco urbano da vila. Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media. Non é preciso realizar unha inscrición previa, posto que haberá unha folla de rexistro ao comezo, onde as familias poderán inscribir aos seus fillos e fillas e encher as autorizacións correspondentes, onde se lles informará tamén a hora de recollida dos nenos e nenas.

A Ludoteca realizarase na Casa dos Alonso e estará organizada por espazos de diferentes actividades con manualidades plásticas, puzzles e xogos de mesa, xogos simbólicos, biblioteca e pintacaras.

 

Contarase con dúas monitoras profesionais que estarán a cargo dos menores para velar polo seu benestar e ter un ocio educativo e controlado.

 

Horarios Ludoteca de Nadal:

  • Luns 23: de 16:30h a 19:30h
  • Martes 24: de 10:00h a 13:00h
  • Luns 30: de 16:30h a 19:30h
  • Martes 31: de 10:00h a 13:00h

 

Xogos e obradoiros infantís

O Xoves 26 de decembro a Praza do Monterreal* acolle unha tarde de xogo de mesa con Brazolinda, unha actividade infantil que terá lugar a partires das 16:30h e na que os máis pequenos da casa poderán gozar e pasar un excelente momento cos orixinais e divertidos xogos de mesa que estarán á súa disposición. Estes xogos están pensados para potenciar diferentes capacidades nos nenos e nenas, como a de observación, razoamento ou comunicación; e todo a través da resolución de adiviñas, o debuxo, as matemáticas ...

 

O xoves día 2 de xaneiro terá lugar na Praza do Monterreal* en horario de 16:30h a 19:30h un Obradoiro de Nadal para nenos e nenas coa participación dos pais e nais e que consistirá en dúas actividades paralelas, por unha banda os nenos e nenas poderán realizar un adorno para o arbolito de nadal, e por outra banda poderán realizar un marcapáxinas de nadal para libros. Disporán de todo o material preciso para estas tarefas e non é necesaria inscrición previa. Tamén se contará con pintacaras nesta xornada.

 

*En caso de choiva estas actividades trasladaranse á Casa dos Alonso.

 

Espectáculos Infantís

 

O venres 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle o espectáculo de clown infantil «Cartoons», unha actividade na cal Josito e Víctor interpretan a dous personaxes no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as súas habelencias na área da maxia.

 

O venres día 3 de Xaneiro ás 17:30h a Praza do Reló* será o escenario de «Nadal con Paio e Aurelio», un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

*En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones