Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS NENOS E NENAS DA GUARDA PREPARAN UN LIPDUB PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ

Elena Baz quixo agradecer a colaboración a todos os centros escolares e por suposto ao centro San Xerome Emiliani, do que partiu a iniciativa.

Elena Baz quixo agradecer a colaboración a todos os centros escolares e por suposto ao centro San Xerome Emiliani, do que partiu a iniciativa.

Fecha: 27 de Enero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Os escolares guardeses dos diferentes centros educativos, da man do centro San Xerome Emiliani, uníronse para facer un baile con mensaxe para conmemorar esta data. A Concelleira de Educación, Elena Baz, afirmou que foi unha iniciativa "moi emocionante"

Os nenos e nenas da Guarda dos diferentes centros educativos xuntáronse o martes 26 de xaneiro, para preparar a celebración do Día da Paz, fixado no 30 de xaneiro.

Máis de 350 alumnos e alumnas de diferentes idades uníronse nun lipdub -vídeo musical realizado por persoas que sincronizan os seus labios, xestos e movementos- ao son da canción "Seguiremos" do artista Macaco.
Nos próximos días, e tras a montaxe das imaxes, o vídeo se publicará.

A idea de facer esta gravación partiu de Pablo Álvarez, monitor de diferentes actividades do Colexio San Xerome Emiliani. "A primeira idea foi facelo a nivel de centro pero consideramos que era bo que os diferentes nenos e nenas se unisen nesta actividade", afirma Álvarez. Aínda que recoñece que é unha actividade que da moito traballo, todos os participantes están moi contentos polo resultado.

"Para conmemorar unha data coma esta era importante a unión de os nenos e nenas de todos os colexios", comentou Pablo Álvarez tras a gravación.

A Concelleira de Educación e Cultura, Elena Baz, quixo estar presente nesta actividade. "Paréceme unha iniciativa estupenda. Todas as actividades que fagan os nenos e nenas ou polos nenos e nenas é apostar por un futuro mellor para a nosa vila", afirmou a Concelleira.

Elena Baz quixo agradecer a colaboración a todos os centros escolares e por suposto ao centro San Xerome Emiliani, do que partiu a iniciativa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones