Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os obradoiros de fotografía social conclúen mañá na Guarda tras percorrer dez concellos

Uns corenta estudantes dos colexios San José e Pais Somascos participarán nesta actividade de sensibilización ás 12 horas no Centro Cultural da Guarda

O fotoxornalista Felipe Carnotto achega a fotografía como ferramenta de cambio a municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Fecha: 24 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Os obradoiros de fotografía social impartidos por Felipe Carnotto conclúen este Xoves na Guarda tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Corenta estudantes de 3º e 4º da ESO dos colexios San José e Pais Somascos achegaranse á imaxe como ferramenta de transformación social a partir das 12 horas no Centro Cultural. O programa aborda tamén a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas.

No transcurso da sesión, que inclúe prácticas nas que o alumnado tirará as súas propias fotografías co teléfono móbil, visionarase asemade o traballo realizado por Carnotto na ruta das persoas refuxiadas e tamén en Nicaragua, país ao que viaxou para visibilizar os proxectos do Fondo Galego tras gañar o certame Imaxes con Fondo II. Coa aula da Guarda, arredor de 300 mozos e mozas terán pasado pola actividade, que nos últimos catro meses se realizou tamén en Xove, Redondela, Teo, Cuntis, Lugo, Lousame, Mugardos, Burela e Fene.

Nestes intres, está aberta na páxina de Facebook do Fondo Galego a votación online de Imaxes con Fondo II, que desta volta xirou arredor da interculturalidade. Promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe, é o obxectivo tanto do concurso como da exposición do mesmo nome, conformada por 19 obras que concorreron na primeira edición.

A mostra, deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, instalarase na Casa do Concello da Guarda entre o 5 e o 20 de decembro para concienciar sobre as condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. A solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria e as desigualdades Norte-Sur son algunhas das temáticas abordadas.


O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones