Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os obradoiros de fotografía social remataron cunha última sesión no Centro Cultural da Guarda

Corenta estudantes de 3º e 4º da ESO foron introducidos en temas como a utilización da imaxe como ferramenta de transformación social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas.

Corenta estudantes de 3º e 4º da ESO foron introducidos en temas como a utilización da imaxe como ferramenta de transformación social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas.

Fecha: 25 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Centro Cultural da Guarda foi o escenario do último dos obradoiros de fotografía social impartidos por Felipe Carnotto tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha rede integrada por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentra os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.

Nesta sesión, que tivo lugar o xoves 24 de novembro ás 12 horas e que foi presentada pola concelleira de Xuventude da Guarda, Elena Baz; corenta estudantes de 3º e 4º da ESO dos colexios San José e Pais Somascos, foron introducidos en temas como a utilización da imaxe como ferramenta de transformación social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas. Tamén durante este obradoiro o alumnado practicou tomando imaxes cos seus móbiles e puideron ver o traballo realizado polo fotoxornalista Carnotto na ruta das persoas refuxiadas e en Nicaragua.

Cos alumnos da Guarda, xa son arredor de 300 os que participaron nunha actividade que estivo catro meses en diferentes concellos como Redondela, Teo, Lugo ou Fene. Ademais, non queda aquí a colaboración do concello da Guarda co Fondo Galego. A partir do luns día 5 e ata o 20 de decembro, a Casa do Concello da vila acollerá a mostra "Imaxes con Fondo", unha exposición deseñada polo debuxante Pepe Carreiro que consta de 19 obras que concorreron no concurso do mesmo nome e que buscan concienciar sobre as condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan.

Mentres, xa se está a desenvolver a segunda edición do concurso, Imaxes con Fondo II, e no Facebook do Fondo Galego está aberta a votación para elixir entre as imaxes participantes, que nesta segunda edición versan sobre o tema da interculturalidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones