Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os orzamentos da -felicidade- de Oia 2025

Acaban de aprobarse os orzamentos do concello de Oia cos votos da maioría do PP, vaiamos por partes.

Acaban de aprobarse os orzamentos do concello de Oia cos votos da maioría do PP, vaiamos por partes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Enero de 2025

Fuente: BNG Oia

Acaban de aprobarse os orzamentos do concello de Oia cos votos da maioría do PP, vaiamos por partes.

En primeiro lugar vemos como a señora alcaldesa ten moita fachenda dos presupostos e destaca como medida estrela as axudas de 200 € por fillo para a súa crianza, podería non ser nada e a quen lle correspondan ben recibidos serán. Agora ben, debullando as partidas que se aprobaron, dende o BNG informamos á veciñanza da nosa abstención e das nosas propostas que por suposto non se tiveron en conta.

Os nacementos en xeral son cada vez menores, en Oia seguen a mesma liña ou incluso por debaixo da media se nos comparamos cos concellos veciños. Polo tanto, esta medida é considerabelmente mellorábel en base ás cantidades presupostadas e perfectamente asumíbel dotar con 500 euros estas axudas.

¿Como xustificamos esta proposta?

A señora Correa di que os orzamentos “están baseados en ingresos e gastos realistas, tendo en conta o incremento experimentado nunha serie de servizos que consumen unha gran cantidade de recursos das arcas públicas”. Isto que di é certo, pero non explica de onde vén ese incremento do consumo dos servizos públicos.

 

210.000 € do Servizo de Axuda no Fogar que ten que asumir o concello. Este servizo é unha competencia transferida ás comunidades autónomas para a súa xestión, e a Xunta de Galiza pasoulle  esta carga económica aos concellos. Recentemente o PP vetou unha proposta do BNG para subir de 12 € a 20 € hora a achega da Xunta aos concellos.

 

140.000 Euros en recollida e xestión de residuos de SOGAMA (sociedade galega de “medio ambiente”). Unha empresa creada pola Xunta que decidiu unilateralmente unha suba do canon que pagan os concellos polo tratamento dos residuos municipais. No 2024 pasou de 68 € tonelada a 88, e prevese unha nova suba en 2025 a 108 €. Novamente o PP volveu votar en contra doutra moción do BNG contra a suba do canon de Sogama, xusto o día en que o PP de Oia desviaba 20.000 € que lle aportaba o goberno central no reparto que lle tocaba por concellos; ¿A onde os desviaba? A compensar o canon da suba de Sogama cando se podían utilizar para outras cuestións máis necesarias como por exemplo á axuda á natalidade da que tanta fachenda amosa a señora alcaldesa. ¿Considera 200 € a súa medida estrela?

 

175.000 € na subministración de enerxía eléctrica. Se temos en conta o mal funcionamento  da subministración en xeral con apagóns prolongados en moitas rúas do municipio, poderiamos dicir que o servizo non está sendo aceptable en función ao custo que lle supón a esas arcas públicas. Engadimos a esta partida os 18.000 euros de gasto en mantemento (arranxos) por terceiros.

 

90.000 € suman no apartado de mantemento, conservación de vías, infraestruturas e saneamento. Esta cantidade visto a arbitrariedade que se utiliza para a reparación segundo que camiños, é sinxelo crer que os criterios que se seguen poden ser dubidosos. Na maioría de certos traballos sempre se ve a mesma maquinaria.

 

43.000 € en sumidoiros. ¿Temos a seguranza de pagar un servizo de sumidoiro cando non se depuran as augas que vertemos ao mar? As parroquias de Loureza e Burgueira non teñen un metro de sumidoiro nin servizo que se lle asemelle. ¿Como é posible un gasto de 43.000 euros nesta infraestrutura? ¿Que se está facendo mal?

 

Levando á práctica todo o descrito e facendo números “realistas dos ingresos + gastos ‘indebidos’ que ten que asumir o concello”, o noso municipio podería dispor de arredor de 230.000 euros máis nos seus orzamentos. Pero para ese aumento orzamentario non se pode votar en contra de que a Xunta asuma o custe íntegro do SAF, non se pode votar en contra dun novo modelo para o tratamento de Residuos Sólidos Urbanos, tragando coa suba do canon de Sogama e non utilizar de maneira arbitraria os 90.000 € destinados ao mantemento, reparación e conservación de camiños e infraestruturas. Con máis miolos e menos devoción ás siglas políticas da Xunta xa daría para 1000 euros por crianza e fomento á natalidade das familias de Oia, aumento nas subvencións destinadas ás traídas de auga e a creación de tres postos de traballo no cadro de persoal do concello. Profesional de albanelería, electricidade e carpintaría para traballos todo o ano e mantemento en xeral.

 

O benestar e a “felicidade” da veciñanza nun concello pode medirse entre outras cousas pola cantidade e calidade dos seus servizos básicos, sobre todo para asentar a súa poboación e que non se vexan os seus fillos/as obrigados a marchar para outros concellos porque en Oia non hai futuro. Entón, señora alcaldesa de Oia; ¿200 € de axuda á natalidade é á súa medida estrela? Ben curta se queda na medida e na xestión.

 

  Orzamentos 2025

Total gastos correntes 2.124.276,45 €

Total gastos de capital 43.284,81 €

Total capítulos 1 a 7 2.162.976,45 €

TOTAL 2.167.561,26 €

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí