Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os praceiros e praceiras da Guarda fórmanse en redes sociais

Para o alcalde da Guarda o cambio na sociedade actual esixe unha adaptación por parte dos empresarios locais para a comercialización dos seus produtos e realizar novas captacións de clientes empregando as novas tecnoloxías e as redes sociais para abarcar

Para o alcalde da Guarda o cambio na sociedade actual esixe unha adaptación por parte dos empresarios locais para a comercialización dos seus produtos e realizar novas captacións de clientes empregando as novas tecnoloxías e as redes sociais para abarcar

Fecha: 21 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O pasado martes día 19 de xuño de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, asistiron á Clausura do curso de formación en redes sociais, adicado aos praceiros e praceiras do Mercado da Guarda.

Este curso de formación en novas tecnoloxías e redes sociais, realizouse en Informática San Benito na Guarda dende o pasado 29 de maio, contando coa asistencia da práctica maioría dos praceiros e praceiras do municipio.

Nesta actividade formativa realizada en clases de carácter semanal e de dúas horas de duración aprenderon a traballar coas redes sociais, tratamento de imaxes, configuración de perfís sociais, interactuando a través do perfil en Facebook "Mercado de A Guarda ".

Para o alcalde da Guarda o cambio na sociedade actual esixe unha adaptación por parte dos empresarios locais para a comercialización dos seus produtos e realizar novas captacións de clientes empregando as novas tecnoloxías e as redes sociais para abarcar novos mercados.

Antonio Lomba clarexou que depende dos propios praceiros e praceiras que esta adaptación ao novo concepto social sexa susceptible de proseguer, de cara a poder competir e ofertar produtos, fidelizando clientes, cun trato persoal, de proximidade e cun produto ben diferenciado, "O Mercado da Guarda ten futuro, hai un traballo extra que facer, pero os beneficios serán moi positivos xa que é un dos elementos dinamizadores da economía da Guarda".

Pola súa banda Montserrat Magallanes, Concelleira de Comercio, destacou que dende fai tempo traballase na mellora do comercio e do turismo da vila, con actuacións que moitas veces non corresponden á administración, pero que "somos conscientes que este tipo de actividades son necesarias e dende o consistorio local aportamos o noso gran de area para que así sexa". Indicou tamén que ante o novo momento de cambio da sociedade, do hábitos de consumo, todos os sectores deben adaptarse a realidade coas técnicas e campañas de promoción axeitadas.

Aproveitou tamén a ocasión para informar aos praceiros e praceiras que o Novo Regulamento da Praza de Abastos xa está preparado e será entregado nos vindeiros días a cada un dos comerciantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones