Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os praceiros guardeses presumen de produtos na campaña internacional -Quere o teu mercado-

O Concello difundirá unha cuartilla sobre os beneficios dos alimentos frescos e locais dos que dispón o comercio de proximidade. O Concello difundirá unha cuartilla sobre os beneficios dos alimentos frescos e locais dos que dispón o comercio de proximidad

O Concello difundirá unha cuartilla sobre os beneficios dos alimentos frescos e locais dos que dispón o comercio de proximidade.

Fecha: 26 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Praza de Abastos da Guarda está participar na campaña internacional «Quere o teu Mercado», orientada á promoción e posta en valor dos mercados municipais potenciando a compra de produtos frescos e locais.

A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Praza de Abastos e o Concello da Guarda, desenvólvese durante esta segunda quincena de maio no espazo do mercado municipal, coa celebración de diversas actividades e a difusión de material promocional. A campaña vivirá o seu día grande o sábado 26 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Mercados, cando as «praceiras» e os «praceiros» agasallarán á súa clientela con mandís, bolsas reutilizables, globos, contos e lambetadas.

Dentro desta campaña, o Concello da Guarda publicará unha cuartilla na que se recollen os beneficios máis destacábeis do consumo de produtos frescos e de calidade propios do comercio de proximidade. Estes manteñen mellor os nutrientes, son máis económicos e son máis respectuosos co medio ambiente, entre outros proveitos, que se completan coa comodidade da compra no mercado local e a calidade do servizo personalizado que ofrecen. O impreso poderá recollerse en calquera dos postos da Praza de Abastos durante a próxima semana.

Completando a iniciativa, os «praceiros» e as «praceiras» participaron nun obradoiro de elaboración de elementos decorativos que embelecerán a praza durante a primavera e o verán. Paralelamente, os e as comerciantes da praza comezaron unha actividade orientada á actualización e dinamización da páxina de Facebook do mercado (Mercado A Guarda ), onde a partir de agora todas e todos os seus seguidores poderán atopar información de interese sobre a praza, as súas actividades e a oferta de produtos.

 

Sobre «Quere o teu mercado»
«Quere o teu mercado» é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por cuarto ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organízanse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

A campaña «Quere o teu mercado» («Love Your Local Market»), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets. Nesta nova edición, a iniciativa conta coa participación dos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong, Brasil, Porugal e Estados Unidos. A campaña rematará o 26 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Mercados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones