Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS DA GUARDA E XSG REPULSAN A MOCIÓN DE CENSURA EN OIA

Coñecemos de primeira man o traballo que Rosa e o seu equipo estivo facendo estes meses por Oia e os seus veciños.

Coñecemos de primeira man o traballo que Rosa e o seu equipo estivo facendo estes meses por Oia e os seus veciños.

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: PSOE - A Guarda / XSG

Dende a Agrupación Socialista da Guarda queremos manifestar a nosa máis enérxica repulsa a moción de censura presentada en Oia por Converxencia Galega e o Partido Popular. Así mesmo queremos mostrar toda a solidariedade e apoio a Rosa Otero, alcaldesa de Oia, e ao seu equipo polo engano ao que se viron sometidos, por parte de Converxencia Galega, dende o comezo da lexislatura e que agora agroma con este pacto antinatura.

Queremos mostrar tamén o noso apoio a tódolos veciños de Oia que se senten enganados, por ter soñado e logrado un goberno progresista coa forza dos votos e que agora ven como outros intereses truncan esa vontade manifestada nas urnas. Os cidadáns de Oia votaron maioritariamente á esquerda (en teoría) e agora teñen que ver como volven a gobernar os mesmos de sempre con apoio dun grupo que mentiu aos veciños. Un grupo que primeiro apoia a Rosa como alcaldesa pero que non dubida en mudar ese voto máis tarde sen unha xustificación coherente

Isto non é bo para a política. Feitos como o sucedido en Oia dan motivos aos cidadáns para dubidar das lexítimas intencións dos que nos dedicamos a vida pública. Pero non somos todos iguais. Seguro que os veciños de Oia acabarán por poñer a cada un no seu sitio como xa sucedeu na Guarda. Esperamos que para as próximas eleccións Oia volva a ter unha Rosa na alcaldía.

Coñecemos de primeira man o traballo que Rosa e o seu equipo estivo facendo estes meses por Oia e os seus veciños. Cónstanos que traballaron con todas as súas forzas para que Oia mellorara. Sabemos que os veciños coñecían este traballo, xa se estaba notando o cambio e a maioría da xente estaba contenta. Esta boa labor realizada durante estes meses será o xerme do futuro cambio da cor política no concello de Oia. Estamos convencidos. Ánimo progresistas de Oia o futuro é voso.

XSG: "Co que lle gusta a Feijoo opinar vai estoupar entre tanto mutismo co caso Baltar e agora coa moción de censura de Oia"

As XSG lamentaron que "un dos partidos que falaba de cambio nas eleccións, volvera a darlle o bastón de mando os que desenvolveron esas políticas caci-quís e facían e desfacian a seu antollo. Ollo, non lles vaia a pasar o mesmo que na Guarda e non volvan a gobernar pola codicia do poder"

Dende a Organización manifestaron que "dende o minuto un as cartas estaban claras, o cambio era só temporal, os pactos estaban asinados dende antes. Pero aínda que lles custe asumilo Rosa será sempre a alcaldesa que este pobo quere e precisa, como así o fan ver as veciñas e veciños."

As Xuventudes Socialistas de Galicia, mostraron hoxe a súa mais enérxica repulsa pola moción de censura presentada por Converxencia Galega e o Partido Popular no Concello de Oia por considerala completamente repugnante.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza compareceu co coordinador comarcal, Iván Rodríguez, para instar ao presidente do Partido Popular, Núñez Feijoo "a tomar par-tido nesta vergoñenta situación e aplicar o seu liderado do que tanto fachendea, aínda que logo todo se quede en fume coma no caso Baltar. Estas son as artes do Partido Popular que logo vén a dar leccións de democracia noutras provincias aínda que fose o que os cidadáns mandataron."

Os mozos/as socialistas lamentaron que "isto non é máis que a vergoña a que nos ten acostumados en Oia o Partido Popular nos últimos anos: o caciquismo e a mala praxe na xestión pública. Neste caso, un dos partidos que falaba de cambio nas eleccións, volverá darlle o bastón de mando aos que desenvolveron esas políticas caciquís e facían e desfacían a seu antollo."

Pola súa banda Rodríguez manifestou que "a historia volve a repetirse na comarca, igual que na Guarda naquel ano 2000. Os que tanto criticaron o goberno do Partido Popular acabaron, por ansias de poder, outorgándolle de novo o poder a cambio dunhas migallas. Casualmente acabaron formando parte de Converxencia Galega tras varios intentos noutros partidos."

 


Dende a Organización manifestaron que "agora observamos un plan ideado segu-ramente polos mesmos actores e o mesmo engano á cidadanía. Un Partido Popular cun novo liderado e un partido que só tenta afanar poder, dándolle as costas ao pobo e as súas propias ideas. Pero ollo, non lles vaia a pasar o mesmo que na Guarda e non volvan a gobernar pola codicia do poder."

Dende a Organización finalizaron afirmando que "dende o minuto un as cartas estaban claras, o cambio era só temporal, os pactos estaban asinados dende antes. Pero aínda que lles custe asumilo, Rosa será sempre a alcaldesa que este pobo quere e precisa, como así o fan ver as veciñas e veciños. Conluíron instando a Feijoo a que "pare este movemento antidemocrático sacado adiante sen pensar nos veciños e veciñas de Oia, que votaron un cambio o pasado 24-M."

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones