Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os socialistas da Guarda presentan unha moción esixindo que a Xunta repare o peirao do ferri da Pasaxe

Coñecedores da importancia económica e turística do ferri entre A Guarda e Caminha, neste ano xacobeo 2022, os socialistas esixen á Xunta que sexa responsable das súas competencias e repare a infraestrutura portuaria de atraque do transbordador.

Coñecedores da importancia económica e turística do ferri entre A Guarda e Caminha, neste ano xacobeo 2022, os socialistas esixen á Xunta que sexa responsable das súas competencias e repare a infraestrutura portuaria de atraque do transbordador.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Marzo de 2022

Fuente: Socialistas da Guarda

Representantes do Grupo Municipal Socialista da Guarda presentaron no rexistro municipal
unha moción para que sexa debatida no próximo pleno ordinario do mes de marzo.
No apartado expositivo os socialistas argumentan a importancia que o ferri ten para A
Guarda, tanto para manter a comunicación entre as dúas ribeiras do Miño, transportando
pasaxeiros e vehículos, como para dar continuidade ao camiño Portugués da Costa que
“entra en Galicia pola Guarda, tras cruzar o Miño na súa desembocadura.”
O peirao do ferri sofre unha avaría no verán de 2021 por falta de mantemento, e dende
entón, portos de Galicia propietario da infraestrutura, impide o acceso dos vehículos ao
embarcadoiro. Este é o motivo polo que o ferri deixa de navegar sin que Portos, ata o
momento, atenda as demandas que se teñen feito dende o concello da Guarda.
Os socialistas declaran: “o embarcadoiro da Pasaxe seguirá tendo utilidade se o actual ferri
se substitúe por outro tipo de embarcación ou incluso se houbera máis de unha facendo o
servizo. Non hai nada que xustifique que se deixe deteriorar esta infraestrutura portuaria.”
Na moción tamén se fai mención ás demandas do sector privado vinculado ao Camiño
Portugués da Costa, non solo do concello da Guarda senón tamén dos concellos de O
Rosal, Oia, Baiona e Nigrán. Dende o seu recoñecemento oficial en 2016, moitas persoas
estiveron traballando para ofrecer servizos no camiño en base ao crecemento que este viña
experimentando e as expectativas que se crearon. Non é de recibo que agora a Xunta de
Galicia deixe sen continuidade o camiño por non resolver o paso do esteiro do Miño. Debe
manter as condicións que xeraron aquelas oportunidades e expectativas.
No apartado resolutivo os socialistas esixen a Xunta de Galicia que repare, a maior
brevidade, o peirao do ferri da Pasaxe para posibilitar o embarque de vehículos. Tamén
instan a Xunta a que habilite un transporte de pasaxeiros alternativo entre A Guarda e
Caminha mentres non estea reparado o embarcadoiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones