Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os socialistas esíxenlle a Xunta e Concello que desbloqueen a rehabilitación do Mosteiro de Santa María de Oia

Esta preocupación levará aos socialistas a presentar unha iniciativa parlamentaria que inste á Xunta de Galicia a interesarse polo estado da tramitación deste expediente no concello de Oia

Esta preocupación levará aos socialistas a presentar unha iniciativa parlamentaria que inste á Xunta de Galicia a interesarse polo estado da tramitación deste expediente no concello de Oia

Fecha: 14 de Febrero de 2017

Fuente: PSdeG-PSOE Parlamento

María Pierres sinala que "non se pode entender que se poñan tantos atrancos aos empresarios e promotores que asumen os custes de preservar e rehabilitar" o patrimonio

A deputada socialista María Pierres reclamoulle hoxe a Xunta e Concello de Oia que desbloqueen o proxecto de rehabilitación do Mosteiro de Santa María de Oia. Logo de seis anos dende o inicio dos trámites, e cun convenio asinado co Concello en 2011, "aínda non se acadou a aprobación inicial da modificación puntual precisa para avanzar na redacción do proxecto".

Así o dixo durante unha visita ao mosteiro, xunto co deputado socialista Abel Losada e o concelleiro Gerardo Rodríguez, para coñecer de primeira man o estado de tramitación e problemáticas do proxecto de rehabilitación e reconversión do conxunto en hotel, residencial e centro de talasoterapia.

"Non se pode entender que se esté continuamente a falar da importancia de conservar o noso patrimonio e en casos coma este se poñan tantos atrancos a aqueles empresarios ou promotores privados que asumen os costes de preservar e rehabilitar un patrimonio que é de todos" dixo Pierres. Mentras tanto, este ben catalogado como BIC desde o ano 1931, esté nun estado de abandono tal que está a por en serio perigo a súa correcta conservación.

Engadiu que "é hora de que a administración local nas súas competencias e a autonómica no seu papel que ten, de velar polo patrimonio cultural, empurren xuntas e favorezan, co cumprimento das normativas e dentro da legalidade, o avance dos trámites do proxecto".

Pola súa banda, o deputado Abel Losada engadiu que "as administracións deben favorecer no posible proxectos como este, de vital importancia para concellos que, coma este, perden poboación ano a ano e teñen na explotacion do seu patrimonio unha oportunidade de xerar postos de traballo".

Esta preocupación levará aos socialistas a presentar unha iniciativa parlamentaria que inste á Xunta de Galicia a interesarse polo estado da tramitación deste expediente no concello de Oia e a desenrolar mecanismos de protección efectivos do patrimonio histórico - artístico, máis alá da publicidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones