Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os traballos dos escolares no marco da -Semana por Rosalía- expóñense xa por toda a vila

Campaña orientada á divulgación da figura e obra da autora galega dende o 19 ata o 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento.

Campaña orientada á divulgación da figura e obra da autora galega dende o 19 ata o 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento.

Fecha: 22 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Os debuxos elaborados polos cativos e cativas dos centros guardeses con motivo da conmemoración do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro xa se poden visitar en distintos puntos da vila.

Preto de 350 nenos e nenas dos centros de educación infantil, educación especial e primeiros cursos de educación primaria participaron na iniciativa «Que che inspira?», elaborando debuxos orixinais baseados en versos da poesía rosaliana. As creacións do alumnado foron recollidas onte para ser colocadas no Concello da Guarda, a Praza de Abastos, o Centro Cultural e 14 comercios guardeses, onde permanecerán ata a vindeira semana para goce da veciñanza e os visitantes.

Os establecementos comerciais participantes nesta iniciativa son o estudo fotográfico FotoVerano, a Panadería do Muño, a tenda de informática Global A Guarda.com, a panadaría Flor y Nata, as perfumerías e droguerías Ambar Gris e Chèvere, a libraría Petete, a tenda Decoracións Bambino, o comercio de lencería Fetiche, a Peluquería Carlos, as tendas de lambonadas Regaliz e Caprichos, o comercio de mobiliario Guardesa de Cocinas, e o comercio de interiorismo Agarimo.

O Centro Cultural acolle boa parte dos debuxos elaborados polo alumnado do CEIP A Sangriña, namentres na Casa do Concello expóñense xa algúns dos traballos dos cativos do CEIP As Solanas e os centros HH Carmelitas e PP Somascos. Na Praza de Abastos atópanse debuxos pertencentes aos cativos e cativas dos colexios Manuel Rodríguez Sinde, HH Carmelitas e PP Somascos, e nos comercios, pola súa parte, pódese comprobar o traballo dos diferentes centros educativos, cunha mostra variada de todos eles.

«Semana por Rosalía»
A iniciativa «Que che inspira?» enmárcase dentro da programación de actividades da «Semana por Rosalía», orientada á divulgación da figura e obra da autora galega dende o 19 ata o 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones