Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Trasnos de Nadal, maxia e música na programación do Nadal desta semana na Guarda

Os Trasnos de Nadal sairán do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda.

Os Trasnos de Nadal sairán do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con espectáculos de maxia, eventos musicais e os Trasnos de Nadal.

 

O martes 21 de decembro estaba prevista a celebración do Concerto de Nadal de Vento e Coro dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, evento que vaise anular debido ao protocolo COViD-19.

 

Seguindo coa programación de Nadal esta semana chegan á Guarda os Trasnos de Nadal, que farán diversos percorridos polas rúas da vila os días 22, 23 e 24 de decembro. O horario será de 17:00h a 20:00h o 22 e 23 de decembro e de 11:30h a 14:30h o 24 de decembro. Os Trasnos de Nadal visitarán a Alameda, Praza de Avelino Vicente, rúa Cocnepeción Arenal, Praza Nova, rúa Vicente Sobrino e rúa Galicia.

 

O mércores día 22 de decembro ás 18:00h a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro de Canto Moderno “Canta con Voz propia”, un evento aberto a todos os públicos a cargo de Maga Voz, Cooperativa Galega. A entrada é libre ata completar aforo, non é preciso realizar inscrición previa.

 

Na xornada do xoves día 23 de decembro a Praza de Avelino Vicente acolle de 16:00h a 19:00h o espectáculo de maxia individualizada por familias Gadalka, a cargo do mago Dani.

Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras clásicas onde atoparás unha máxica sorpresa. Maxia de preto no primeiro espectáculo de rúa 100% covid-free. En Gadalka Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe. Achégate e descubre Gadalka!

 

 

 

AXENDA DE NADAL

 

 

DO 22 AO 24 DE DECEMBRO

TRASNOS DE NADAL polas rúas da Guarda

Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h

                 24, de 11:30h A 14:30h

 

MÉRCORES 22 DE DECEMBRO

18:00h Casa dos Alonso

Obradoiro de Canto Moderno

Canta con voz Propia

Para tódolos públicos(entrada libre)

 

XOVES 23 DE DECEMBRO

De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente

“GADALKA” a cargo do Mago Dani

Espectáculo de maxia individualizada por familias

 

MARTES 28 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións

Reserva de entradas  en eventbrite.es

 

MÉRCORES 29 DE DECEMBRO

20:30h Centro Cultural

“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

 

XOVES 30 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres

Reserva de entradas en eventbrite.es

 

VENRES 31

13:00h Pasarrúas polo centro da vila

O Apalpador chega á Guarda

Organiza Deputación de Pontevedra

 

DO 3 AO 5 DE XANEIRO

CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda

Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.

                 5, de 11:30h. A 14:30h.

 

MARTES 4 DE XANEIRO

17:30h Alameda

CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación

Espectáculo de rúa con animais xigantes

 

MÉRCORES 5 DE XANEIRO

12:00h Pavillón Municipal da Sangriña

Partido Benéfico de Balonmán entre Atl. Guardés e BM Porriño

Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros

 

Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.

 

Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:

 https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí