Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PARA BNG O ALCALDE DA GUARDA LÁVASE AS MANS COA ANTENA DE CAMPOSANCOS

A falta de información alporizou a moita xente en Camposancos que non sabía que se pretendía facer a dous pasos das súas casas

A falta de información alporizou a moita xente en Camposancos que non sabía que se pretendía facer a dous pasos das súas casas

Fecha: 31 de Mayo de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a actitude do alcalde da Guarda no pleno do venres pasado, onde non contestou ás preguntas realizadas polo portavoz do BNG, Ángel Baz, sobre a instalación dunha antena de máis de 40 metros nunha zona de elevada protección paisaxística e sobre cales son as outras localizacións valoradas.

Para o BNG é fundamental o dereito dos veciños e veciñas de Camposancos a ter cobertura sendo coñecedores das carencias que existen na zona, pero tamén o dereito a seren informados en todo momento cando se pretenden instalacións deste tipo.

O BNG entende e apoia as manifestacións que se sucederon diante do Concello da Guarda momentos antes de comezar o pleno. Estas protestas son froito dunha mala xestión política que pretendía permitir esta instalación sen informar aos veciños e veciñas.

Dende o BNG consideran que o PP tamén ten a súa parte de responsabilidade, xa que a Xunta de Galiza nun primeiro informe rexeitaba a instalación da antena pola localización da mesma debido ao impacto paisaxístico que xeraba, para logo aceptar esa localización cun simple pintado da antena en cor gris. Outra das cuestións que sorprenden nos informes técnicos é a falta de localizacións alternativas que se barallaron.

"Tanto o Alcalde como a Xunta dan por boa a proposta da empresa sen estudar outras, mentres que aos veciños e veciñas de Camposancos cústanos moito crer que non exista outra alternativa que evite a instalación tan agresiva nunha zona de alto valor paisaxístico", sinala Merchi Martínez vogal do BNG na ELM de Camposancos.

O BNG quere poñer de manifesto a contradición na que cae o Alcalde da Guarda, por unha banda vende a candidatura do estuario do Río Miño á UNESCO e logo ponse de perfil ante a instalación dunha antena de clamoroso impacto ambiental na mesma zona.

Dende o BNG instamos a todas as administracións públicas a realizar un esforzo para garantir a cobertura ao conxunto de Camposancos, informando á veciñanza e sen ameazar a contorna.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones