Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Parte do alumnado da Guarda conmemora o Día Internacional das Nenas coa obra de teatro -O Valo-

Unha cativa que foxe da guerra e un rapaz soldado protagonizaron o espectáculo de clown creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Unha cativa que foxe da guerra e un rapaz soldado protagonizaron o espectáculo de clown creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Fecha: 13 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Parte do alumnado dos colexios PP. Somascos, San José-Carmelitas, As Solanas, Manuel Rodríguez Sinde e A Sangriña asistiron esta mañá ao Centro Cultural para visualizar o espectáculo de clown "O Valo", coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Nenas.

Na obra, creada por Pallaso en Rebeldía para os concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, represéntase o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un soldado, gardián devoto das fronteiras móbiles. Esta é, así, unha peza que chama á reflexión dos cativos e cativas poñendo o foco nas fronteiras e a situación das persoas refuxiadas.

Compre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio, entre as que se achan moitas menores. Elas, especialmente vulnerables á violencia, son as homenaxeadas na obra, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan aos seres humanos.

A tintura cómica da representación, baseada no texto homónimo de Carlos Labraña, cativou aos preto de 150 espectadores; rapazas e rapaces que se atopan cursando 1º da ESO nos centros Pais Somascos e San José-Carmelitas, e o alumnado de 6º de primaria dos centros públicos e concertados da Guarda.

A concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz, presentou o espectáculo referíndose á importancia de evitar o esquecemento das guerras e das persoas que se ven obrigadas a fuxir das súas casas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones