Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PARTE DO CAMPIONATO SURF RÍAS BAIXAS PRO TRASLÁDASE Ó CONCELLO DE OIA

A situación do mar obrigou ós organizacores a desenrolar parte desta proba na costa de Oia

Fecha: 21 de Septiembre de 2013

Fuente: www.depo.es / Infomiño.com

As actividades postas en marcha pola Deputación de Pontevedra na praia de A Lanzada con motivo do campionato de Surf Rías Baixas Pro, xa están en marcha dende onte ata o domingo 22, contando con gran auxe de participación de nenos e nenas decididos a probar o bautismo de surf iniciándose así neste deporte.

A pesar do cambio da competición que se tivo que trasladar á praia de Oia por motivos de oleaxe, as actividades mantéñense no lugar previamente establecido, esperando acadar que se acheguen máis de 1.500 cativos nas xornadas como así manifestou na mañá de onte o presidente Rafael Louzán.

As probas en Oia desenvolvéronse con algunha suspensión de probas debido á falta de oleaxe, tendo que suspenderse algunhas mangas na tarde do Venres entre as 17:00h e as 18:30h.

Na tarde de onte comezaron as actividades nas que participaron máis de 300 nenos e nenas das escolas deportivas da provincia como así mantivo a deputada Begoña Estévez, quen agradeceu tamén a colaboración do Club de Mareantes de Pontevedra ou o Fútbol Sala de Poio, que cedeu as porterías para que se poida realizar todo o programado na praia, compaxinando os partidos disputados co bautismo de surf ofrecido gratuitamente polas 4 escolas de surf do evento, Tartaruga Surf Center, Mission Surf School, Riders Surf School e Prado Surf Escola.

Outras actividades
Tamén están organizadas charlas co Shaper de Zorlak Surfboards, unha iniciativa para tódalas tardes antes de que os asistentes realicen os bautismos de surf. A empresa de Sanxenxo Zorlak da man do seu shaper, Walter, dará estas charlas didácticas sobre a construción e funcionamento das táboas de surf que uns minutos despois empregarán para iniciarse no deporte.

As actividades, dispoñibles na páxina Web, son gratuítas previa inscrición. Doutra banda, ademais das actividades deportivas o Grupo Nove con Pepe Solla, Alberto Prelcic e Pablo Romero, deleitará con pinchos a prezo de un euro para os que se acheguen ata o Grove; uns pinchos cos produtos típicos da zona en conmemoración do 50 aniversario da Festa do marisco. Tamén durante a xornada do sábado se ofrecerán os concertos de Carmen Jonhs, 4 Waves, e Sandrita Dinamita Dj que se prolongarán ata a noite.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

 


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones