Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Penúltima entrega de 20 carros de compra na Campaña de Mobilidade -A Guarda, todo moi preto-

Aínda queda un sorteo final de 20 carros de compra, que terá lugar o vindeiro luns día 22 de outubro

Aínda queda un sorteo final de 20 carros de compra, que terá lugar o vindeiro luns día 22 de outubro

Fecha: 18 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

Este mércores día 17 de outubro a Praza do Reló da Guarda foi o escenario elixido para a entrega dos 20 carros de compra correspondentes ao penúltimo sorteo realizado entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda enmarcado na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto».

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro na Praza do Reló da man do Alcalde, Antonio Lomba e da Concelleira de Comercio Montserrat Magallanes, xunto cun plano «Metrominuto», no que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros.

Aínda queda un sorteo final de 20 carros de compra, que terá lugar o vindeiro luns día 22 de outubro, os que desexen participar neste derradeira oportunidade tan só terán que facer as súas compras na Praza de Abastos ata este sábado e encher as papeletas e depositalas nas furnas da Praza de Abastos.

Destaca a presenza entre os premiados, dos 4 sorteos que se levan feito ate o de agora, de persoas de Caminha en Portugal, ou localidades limítrofes coma Tomiño, O Rosal Gondomar ou Oia, o que demostra o potencial do Mercado de Abastos da Guarda e o seu ámbito de cobertura, con clientes que se desprazan dende outras localidades en busca de produtos frescos e de primeira calidade.

A Guarda promove a mobilidade, o comercio e a dinamización do mercado municipal da Praza de Abastos con sorteos semanais de 20 de carros da compra para que os veciños e veciñas da comarca os empreguen para mercar no casco urbano. Os que desexen participar nos seguintes dous sorteos restantes só teñen que facer as súas compras nos establecementos do mercado municipal da Praza de Abastos e depositar nas furnas habilitadas para este sorteo as papeletas que se entregan con cada compra.

A Campaña «A Guarda, todo moi preto» abrangue diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones