Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pepe Carreiro presenta ante o alumnado guardés -Os Bolechas na desembocadura do Miño-

Acudiron máis de 200 cativos e cativas dos centros de educación primaria e infantil PP. Somascos, As Solanas, A Sangriña e M.R. Sinde, o centro San Xerome Emiliani e a escola de educación infantil da Gándara.

Acudiron máis de 200 cativos e cativas dos centros de educación primaria e infantil PP. Somascos, As Solanas, A Sangriña e M.R. Sinde, o centro San Xerome Emiliani e a escola de educación infantil da Gándara.

Fecha: 05 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O alumnado dos colexios da Guarda recibiu esta semana o novo libro do debuxante Pepe Carreiro «Os Bolechas na desembocadura do Miño», da man do alcalde, Antonio Lomba, e a concelleira de Educación, María Elena Baz.

Os representantes municipais visitaron o pasado mércores os centros escolares do municipio para facer entrega do agasallo ás alumnas e alumnos de todos os cursos de educación especial, infantil e primaria, de xeito que puidesen ler e ollar a obra antes da súa presentación oficial co autor.

Ao acto de presentación, celebrado o pasado venres na Casa dos Alonso, acudiron máis de 200 cativos e cativas dos centros de educación primaria e infantil PP. Somascos, As Solanas, A Sangriña e M.R. Sinde, o centro San Xerome Emiliani e a escola de educación infantil da Gándara.

As pequenas e pequenos tiveron a oportunidade de aprender a debuxar os populares personaxes creados por Pepe Carreiro e mesmo de resolver as súas dúbidas. Así, Carreiro confesou non ter un Bolechas favorito e lembrou o seu primeiro libro («Os Bolechas lavan o can») publicado fai 18 anos e ao que se seguiron máis de 500 novas historias, tres das cales teñen A Guarda como protagonista.

«Os Bolechas na desembocadura do Miño»
 
A popular familia de irmáns Bolechas e o seu can trasládanse nesta ocasión á parroquia de Salcidos, onde reside a súa amiga Sabela. Ela levaraos pola beira do río Miño -pasando pola Xunqueira, a praia do Muíño e o Puntal, entre outras localizacións- á procura dun mazarico. No proceso, os cativos coñecerán novos lugares, así como a fauna e a flora característica da vila guardesa.

A edición do libro contou co financiamento da Deputación de Pontevedra no marco das subvencións para a dinamización lingüística da institución provincial.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones