Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pepe -o Zapateiro- cumpre 101 anos

Ten 4 fillos, 8 netos, 12 bisnetos e media ducia de tataranetos.

Ten 4 fillos, 8 netos, 12 bisnetos e media ducia de tataranetos.

Fecha: 09 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Oia

José Miranda Treinta, veciño do concello de Oia coñecido como Pepe, ‘o Zapateiro’, celebra hoxe o seu 101 aniversario. Para felicitalo en nome de todo o municipio, a alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, achegáronse a facerlle unha visita e agasallalo cunha torta.

 

José, afincado en Viladesuso, naceu en Torroña (Burgueira) nunha familia de 6 irmáns, 3 homes e 3 mulleres. Traballou duro durante toda a súa vida, especialmente en labores vinculados ao monte, do que é un grande coñecedor. Despois dunha vida de tanto esforzo confesa que “nunca xamais” pensou en chegar aos 101 anos.

 

Facendo gala dun ánimo, saúde e memoria envexables, o Zapateiro explicou ás representantes municipais que, aínda que coa idade vai perdendo vista, oído e algo de forza nas pernas, a memoria mantena intacta. Aínda lembra “o que facía hai 90 anos”, recordos que, tal e como el mesmo puntualiza, retén na súa cabeza “como se fora onte”. Ademais da memoria, asegura conservar un bo apetito: come de todo e en boas cantidades.

 

Na actualidade, para pasar o día gústalle “sentar ao sol” e “ver un pouco a televisión”, especialmente os informativos e algunhas actuacións musicais.

 

Pepe (un dos tres veciños maiores de 100 anos que viven actualmente en Oia) celebrou hoxe o seu aniversario cunha comida especial con parte da súa gran familia. Ten 4 fillos, 8 netos, 12 bisnetos e media ducia de tataranetos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí