Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pleno ordinario este xoves no Concello de Oia

Xoves día 24 de novembro de 2016, ás 19.00 horas no salón de sesións do Concello

Xoves día 24 de novembro de 2016, ás 19.00 horas no salón de sesións do Concello

Fecha: 23 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Oia

DECRETO: Convocatoria Pleno ordinario.

Tendo en conta o acordo plenario adoptado en sesión extraordinaria de 26 de novembro de 2015, no que se establece a periodicidade bimensual das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que terán lugar o ultimo ultimo xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, ás 20.00 horas, durante a tempada de verán, e ás 19.00 horas durante a tempada de inverno.

Asistido pola Secretaria e de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 78.2, 80 e 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado mediante RD 2568/86 do 28 de novembro, e en virtude do establecido no artigo 47.2 do mesmo corpo legal, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:

PRIMEIRO: Convocar a Sesión ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o
día 24 de novembro de 2016, ás 19.00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, coa seguinte
 
ORDE DO DIA
1.-Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 8/2016 da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do pasado 26.09.2016.
2.- Derogación, se procede, de ordenanzas fiscais.
3.- Conta dos informes de intervención emitidos en cumprimento da Orden HAP/2105/2012 reguladora das obrigas de suministro da información según Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financiera, 2/2012, modificada por Orden HAP/2082/2014:
Execución trimestral a 30.09.2016.
Periodo medio de pago a 30.09.2016
4.- Designación de concelleiros suplentes do representante do concello nos consellos escolares dos Colexios públicos e Guardería Infantil de Oia.
5.-Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos:
a) moción do BNG de apoio ás reclamacións dos traballadores do mar.
b) moción do BNG sobre a transferencia de AP-9.
c) moción do BNG sobre recuperación de memoria histórica e condena da dictadura franquista
d) moción do BNG de oposición á LOMCE e ás súas reválidas.
e) moción do BNG sobre violencia machista, estatuto do feminicidio e consecuencias para as mulleres da desigualdade económica.
f) moción do BNG sobre garantía de suministro eléctrico ás personas sen recursos.
6.- Mocións de urxencia.
7.- Control ós organos de goberno:
 Rogos e preguntas.
 Dación de conta de resolucións de alcaldía desde o ultimo pleno ordinario.

SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros electos, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.

TERCEIRO: Ordenar se de publicidade a través de edicto no Taboleiro de Anuncios do concello e do portal de transparencia aloxado na sede electrónica ( oia.sedelectronica.es) á presente convocatoria.

Mándao e asínao a Alcaldesa en Oia, a 21 de novembro de 2016, ante mín a Secretaria. Dou fe.
A AlcaldesaA secretaria
Asdo Cristina Correa PombalAsdo. María Cabodevila Ros
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones