Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

POLÉMICA NO IES A SANGRIÑA POR NON PODER OFERTAR UNHA MATERIA OPTATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN

Dende o centro agardan que o inspector autorice unha alternativa ó igual que se ten feito noutros centros de ensino

A polémica está servida no IES A Sangriña de A Guarda ante a imposibilidade de obter autorización do inspector do Centro para unha materia optativa á Relixión para os alumnos de bacherelato.

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

A polémica está servida no IES A Sangriña de A Guarda ante a imposibilidade de obter autorización do inspector do Centro para unha materia optativa á Relixión para os alumnos de bacherelato.

Ate o momento a materia optativa plantexada, e que xa conta dende xuño con 16 alumnos incritos é a de Técnicas de disertación e debate, pero a mesma non foi autorizada polo inspector do centro, que é o encargado de axilizar procesos entre o centro e a Xefatura territorial de educación, polo que aqueles alumnos que, segundo a elección de optativas tiña pensado elexir esa materia, tan só podería elexir a materia de Relixión, polo número de horas correspondente ou ben cambiar a súa elección de optativas por outras, o que conlevaría tamén un reaxuste dos grupos de alumnos xa preparados e a piques do inicio do curso académico.

Dende Infomiño facilitamos as informacións recibidas ó respecto por parte da CIG-Ensino e da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia.



A CIG-Ensino denuncia que o inspector do IES da Sangriña impídelle ao centro ofertar unha materia alternativa á relixión en Bacharelato

A CIG-Ensino denuncia que a Xefatura territorial de Educación de Pontevedra segue a incumprir a Orde que fixa os cadros de persoal nalgúns centros

A CIG-Ensino denuncia que no IES da Sangriña a inspección educativa pretende obrigar, de maneira indirecta, a que un grupo de alumnado de Bacharelato teña que cursar relixión. O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato recolle a posibilidade de que os centros oferten materias de libre configuración. De acordo con isto e como o resto dos centros, o IES da Sangriña ofertou a materia de Técnicas de disertación e debate. Mais o inspector do centro negou a autorización reiteradamente, a pesar de que a materia conta con 16 alumnos inscritos desde o mes de xuño e de que se lle fixo saber que a denegación da autorización da materia se traduce na práctica na obriga, para o alumnado, de ter que cursar relixión.

A CIG-Ensino denuncia esta situación, pois significa obrigar o alumnado afectado a cursar relixión, e o centro a refacer os horarios xa confeccionados de acordo coa oferta e as matrículas realizadas. A CIG-Ensino esixirá ante a Xefatura Territorial que se acepte a materia ofertada polo centro, de acordo co expresado polo Inspector Xefe en reunión mantida cos directores e directoras no pasado mes de xuño (que se atenderían as propostas dos centros) e co que recolle o Decerto antediro

A CIG-Ensino denuncia tamén que a Xefatura territorial de Educación de Pontevedra segue un ano máis a incumprir a Orde do 12 de agosto do 2010 polo que se establece o número de unidades e postos de traballo docentes en educación infantil, primaria e educación especial.

É o caso do CPI Suárez Marquier do Rosal e o CEIP de Barrantes en Tomiño que seguen sen contar con todo o profesorado que lle corresponde por catálogo. Para a CIG-Ensino é inadmisíbel que a Xefatura territorial actúe deste xeito, incumprindo a lexislación vixente e poñendo en entredito o traballo dos centros.

A CIG-Ensino volveu reclamar estas prazas no proceso de negociación deste curso, sen que a Xefatura Territorial atendese esta lexítima demanda dos centros. Por este motivo a CIG-Ensino chegou presentar un recurso polo incumprimento da Orde de Catálogos que está pendente de resolución, despois de que en xuño recibísemos unha sentenza que nos recoñece a lexitimidade a presentar recurso polo incumprimento desta orde.

A CIG-Ensino ten tamén que denunciar que a Xefatura Territorial segue sen atender a petición dos centros de Primaria de Tui de incrementar a dotación de profesorado de Audición e inguaxe de acordo coas necesidades que teñen os centros. Esta petición está debidamente documentada polos centros, mais como xa denunciou a CIG-Ensino no mes de xullo, vese coartada pola imposición dos recortes da Consellaría que deu instrucións á inspección educativa para que se continúe recortando profesorado nos centros educativos. Así, e por mor destes recortes, a Consellaría non atende as solicitudes dos centros educativos, como sucede no caso do Concello de Tui en que todos os centors de Primaria solicitan o incremento dun profesor máis de Audición e Linguaxe (AL) para atender debidamente as necesidades de todos os centros do concello.


A Xefatura Territorial de Educación, a través da Inspección Educativa, quere recordar que o IES A Sangriña está a cumplir co decreto de currículum que establece que os alumnos poidan elixir entre a asignatura de relixión ou unha materia alternativa.
En ningún momento deuse instrución algunha desde Inspección pra primar unha materia en detrimento de outra.

No caso do CPI Suárez Marquier do Rosal, a Xefatura Territorial recorda que, aínda que por catálogo sí podería contar cun segundo profesor de Educación Física, este non contaría con carga docente. O centro solicitou este profesor para destinalo a facerse cargo de Atención á Diversidade.
Seguindo este criterio, a Xefatura Territorial adxudicou un profesor de Audición e Linguaxe, que se axusta mellor ás necesidades do centro.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones