Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

POLÉMICA POLA PRESENZA DUN CIRCO CON ANIMAIS NO CONCELLO DE A GUARDA

Varios colectivos e particulares chaman a facer boicot contra o espectáculo esta fin de semana

O circo xa está preparado no Campo de Fínola ao carón da Alameda de A Guarda

Fecha: 03 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

Esta fin de semana estará na Guarda o Circo Arena, as rúas da vila atópanse cheas de carteis anunciando este espectáculo con animais.

A polémica sobre este tipo de espectáculos onde se empregan animais ven de lonxe na Guarda, se ben xa se teñen presentado mocións en contra deste tipo de circos, aínda non obtiveron o apoio político necesario para declarar o municipio libre de circos con animais. O veciño Concello do Rosal foi recentemente declarado libre de circos con animais, votando por unanimidade todos os partidos políticos da corporación municipal.

Dende a Asociación Naturalista do Baixo Miño ANABAM chaman a facer un boicot en contra deste espectáculo a través das súas redes sociais:

"BOICOT !!!! NON AOS CIRCOS CON ANIMAIS. ANABAM pide o boicot ao CIRCO ARENA que vai estar nos vindeiros días na Guarda. Esta asociación tamén presentou un escrito no Concello guardés para que o mesmo se pronuncie contra este tipo de espectáculos por non ser educativos e por constituir maltrato animal. Se respectas aos animais, non colabores na súa tortura. Non acudas ao circo Arena."

Tamén recentemente creouse no Facebook a páxina "Por La Supresión De Espectáculos Con Animales En a Guarda" , que en pouco máis dun día xa ten máis de 200 seguidores, recibindo numerosas mostras de apoio

Fai menos dun mes, no Concello de Ponteareas tamén se realizou este mesmo espectáculo e varios manifestantes en defensa dos dereitos dos animais foron identificados pola Guardia Civil ás portas do Circo.


POSTURA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DA GUARDA RESPECTO DOS CIRCOS CON ANIMAIS.

"Estes días moita xente se pregunta por que se permite a instalación na Guarda dun circo que utiliza animais no seu espectáculo. En primeiro lugar aclarar que, de momento, non hai ningunha lei ou ordenanza que o prohiba. En segundo lugar indicar que a competencia para lexislar sobre esta cuestión corresponde a Xunta de Galicia.
No Grupo Municipal Socialista estamos totalmente de acordo coa declaración Universal dos Dereitos dos Animais que se proclamou en 1978, e que recalca os dereitos dos animais a recibir atención, coidados e protección, así como a non sufrir malos tratos nin seren obxecto de trato cruel.
A normativa autonómica de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade contempla a autorización de espectáculos nos que interveñan animais. Así, os circos que traballan con animais en Galicia están autorizados pola Xunta. No caso da Guarda, ademais, o circo móntase nunha finca privada, o que limita máis aínda as accións que pode tomar o concello.
A postura dos socialistas é contraria a utilización de animais salvaxes en espectáculos, entendendo que, de producirse, estes animais deben ser tratados segundo o disposto na lei galega 1/1993 no que se refire a transporte, coidado, protección, instalación e alimentación.
Entendemos que a administración Autonómica debería tomar medidas similares ás que se están tomando noutros países, como pode ser o caso de Portugal, nos que se prohibe aos circos adquirir máis animais salvaxes e a súa procreación. Desta maneira establecese un prazo natural para a desaparición dos animais salvaxes dos espectáculos.
Dende o Grupo Municipal Socialista da Guarda, tal e como se ten feito noutros concellos de Galicia, imos a propoñer unha moción na que se estableza que o goberno municipal non promova a instalación de circos con animais salvaxes. Que non se autorice a instalación de publicidade de circos con animais salvaxes en espazos públicos. Que se inste a Xunta de Galicia a que impulse unha lei que impida o uso de animais salvaxes nos circos. E por último, que o concello da Guarda sexa declarado vila libre de circos con animais salvaxes.
Para esta moción solicitaremos previamente o apoio do BNG dado que na lexislatura pasada este grupo presentou unha moción en termos similares."

 


MOVEMENTO VECIÑAL PARA REMATAR COS ESPECTÁCULOS CON ANIMAIS NA GUARDA

Ante a instalación dun circo no que parte do seu programa inclúe actuacións con animais, un movemento veciñal espontáneo e independente na Guarda inicia a recollida de firmas para levar a pleno a prohibición dos espectáculos con animais no municipio.

Dende o movemento veciñal indican que dentro das políticas actuais que avogan polo benestar animal, a coherencia e a transformación da sociedade  para convertela nun exemplo de igualdade e solidariedade, non teñen cabida os espectáculos con animais onde estes son mantidos nun entorno antinatural e estresante.

En pouco máis de dous días, a iniciativa conta xa con numerosos apoios que abranguen dende grupos conservacionistas e en prol dos dereitos dos animais ata entidades deportivas e empresas non só do ámbito local, senón autonómico e estatal.

Con esta iniciativa pretenden recadar máis de mil cincocentas firmas para que o asunto se discuta no pleno que se celebrará o último venres de xaneiro. Unha proposta semellante xa foi levada a pleno fai máis dun ano por grupos da oposición sen atopar os acordos precisos para prosperar.

O movemento trata de implicar á maior cantidade de veciños posibles na recollida de firmas, para tal fin habilitouse un blog no que descargar o formulario:

www.animaispallasonon.wordpress.com

Para ofrecer unha actividade alternativa a inciativa ten previsto proxectar este sábado 5 de decembro as 19:30 h no Centro Cultural de A Guarda unha película documental de temática ambiental.

Máis novas e actividades poden coñecerse a través do perfil del facebook "Por La Supresión De Espectáculos Con Animales En a Guarda".



El próximo sábado a partir de las 19:30 horas se proyectará en el salón de actos del Centro Cultural de A Guarda la película TIERRA. Os animamos a venir y os animamos a convencer a vuestros amigos y vecinos que vayan a acudir a la función del circo a acompañaros... siempre será mejor disfrutar de los animales en su hábitat que observar lo que queda de ellos en jaulas.

O BNG volve presentar a moción contra os "Circos de animais" rexeitada polo PSOE e PP na Guarda

"Os pequenos e pequenas deste país merecen unha educación baseada en valores de respecto cara os seres vivos, estes circos non o son"

O Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro do concello unha moción para declarar ao Concello da Guarda libre de circos con animais.
A moción xa fora presentada polo BNG no pleno de xaneiro de 2014 sendo rexeitada polo PSOE e polo PP.
"Resulta curioso que agora que existe unha contestación social o PSOE cambia de discurso e onde dixo non agora parece dicir si. Isto reafirma a falta de proxecto político. Estamos ante un partido político totalmente desnortado que un día di unha cousa e o outro a contraria", comentou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.
Para o BNG o uso de animais en espectáculos como os circos son dos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna salvaxe.
Os animais que viven nos circos están obrigados a permaneceren o resto da vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadeados en camións de traslado, negando calquera posibilidade de satisfacción das súas necesidades etiolóxicas e naturais.
Para o BNG todos estes argumentos e algúns máis non foron suficientes para que o actual alcalde da Guarda, daquela Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, votase a favor de declarar a Guarda concello libre de Circos con animais.


AS XSG - A GUARDA APOIAN OS ACTOS ALTERNATIVOS POLA PRESENZA DOS CIRCOS CON ANIMAIS SALVAXES NA VILA

As Xuventudes Socialistas de Galicia - A Guarda presentaron onte xunto cos Socialistas da Guarda unha moción para evitar a instalación de circos que empreguen animais salvaxes no noso Concello, enmarcada con varias accións para a defensa dos animais, pero que, polos acontecementos recentes consideramos importante desmarcar do proxecto inicial e mostrar a nosa postura.

A instalacion de este tipo de circos é dificil de evitar na nosa vila polo emprego de fincas privadas para o seu espectáculo, ademáis das competencias reguladoras de outras institucións sobre este tema, polo que debemos ampliar esta prohibición municipal a outros eidos, enmarcando estas accións nunha maior sensibilización cara o respeto os animais na nosa contorna. A prohibición da publicidade e as instancias os gobernos non serán efectivas se non conseguimos que a demanda destes espectáculos desapareza do público infantil, polo que a promoción de actividades que si que reflictan a realidade do habitat de estes animais debe estar tamén presentes.

Por isto as XSG - A Guarda apoiamos a actividade alternativa programada para o sábado, a mesma hora do circo, as 19.30. O visionado do filme "Tierra" no Salón de Actos do Centro cultural da Guarda, organizada polo Colectivo pola Supresión dos Espectáculos con Animais na Guarda, ca colaboración da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) e o Concello da Guarda.

As XSG desenvolveron no verán pasado en Galicia unha campaña para a prohibición dos circos que empreguen animais salvaxes nos Concellos, pero dende a agrupacion guardesa consideramos que non só sufren os animais nos circos polo que entendemos máis que necesario a creación dunha ordenanza específica, que recolla os dereitos dos animais na nosa vila para que o Concello poida actuar ante situacións de desprotección. Por iso levamos traballando xunto co grupo municipal socialista, varios meses na creación desta ordenanza, para situar A Guarda xunto con outras vilas, no mapa das poboacións que respectan e defenden totalmente os dereitos dos animais.

Para evitar que volva a producirse a instalación destes circo no curto plazo, e visto que outros grupos xa trouxeron a pleno mocions similares, que non acabaron en consenso, as mozas e mozos socialistas non podiamos outra cousa que deixar clara a nosa posición presentando esta moción que esperamos vaia adiante no próximo pleno, así como comezando outras accións ante a Xunta de Galicia e o Goberno central para que tente evitar a existencia destes espectáculos.

Para visibilizar esta repulsa, as XSG - A Guarda xunto con outras asociacións da vila comezaremos unha recollida de firmas para deixar clara a posicion da sociedade baixomiñota respecto a esta situación de indefensión animal e esixir solucións as institucións pertinentes. Continuaremos tamén traballando arreo pola defensa dos animais e o seu medio natural.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones