Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontón critica a incapacidade de Feixóo para dar solucións aos concellos galegos da ?raia- incomunicados polo peche da fronteira

Pide a apertura inmediata de novos pasos e avanza que un Goberno liderado polo BNG afondará nas relacións con Portugal e fará da eurorrexión elemento clave de desenvolvemento económico

Pide a apertura inmediata de novos pasos e avanza que un Goberno liderado polo BNG afondará nas relacións con Portugal e fará da eurorrexión elemento clave de desenvolvemento económico

Fecha: 06 de Junio de 2020

Fuente: BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse até a Ponte de Goián para trasladar o apoio do BNG aos veciños e veciñas dun e outro lado da "raia", que levan tres meses de confinamento cun só paso fronteirizo aberto pese a que 44.000 persoas teñen que desprazase a diario a ambas beiras do Miño por razóns de traballo, económicas ou de relación social.

"Vemos como esta zona de intensas relacións económicas, comerciais, laborais e persoais está nunha situación de incomunicación que obriga á veciñanza a dar rodeos de centos de quilómetros para poder ir ao traballo ou facer outras xestións percorrendo distancias que, en condicións normais, están a puñado de quilómetros, un problema engadido á grave crise derivada da COVID19", salientou Pontón.


Para a candidata a Presidencia, non ten sentido que só haxa un paso fronteirizo nunha zona de tanta intensidade de tránsito de vehículos e persoas e na que hai a mesma situación epidemiolóxica e, por tanto, non hai ningún risco: "esta situación só se explica pola incompetencia de quen neste momento está nos gobernos", denunciou.

Para Pontón o que está pasando na froiteira entre Galiza é Portugal é consecuencia "de que se tomen decisións sobre os nosos intereses a 600 quilómetros desde un despacho de Madrid, onde se ve moi lonxe o que lle poida pasar ao Rosal, ao concello de Tomiño ou ao concello das Neves, e non entenden esta realidade", argumentou.

A líder nacionalista foi moi crítica coa inacción política do presidente da Xunta, de brazos cruzados ante un problema que afecta directamente a 150.000 galegos e galegas.

"Esta situación tamén e consecuencia dun Feixóo que se parapeta tras os medios de comunicación pero non da a cara pola veciñanza desta zona que leva tres meses reclamando máis pasos para evitar a incomunicación", alegou, "e tamén consecuencia dun Goberno central que vive na improvisación, que pola maña da unha data para a apertura de fronteiras, que pola tarde rectifica e equivócanse porque o que hai que facer é abrir canto antes as fronteiras e, como mínimo, no inmediato habilitar máis pasos que eviten a situación inxusta que soportan os e as traballadoras, cun prexuízo tan grande que para moitas persoas non lles compensa ir traballar porque é máis o que gastan en desprazamentos que o que van obter en salarios".

Pontón fixo tamén unha reflexión en relación a situación derivada do COVID19, que evidencia a importancia para Galiza de traballar na eurorrexión e entender as relacións transfronteirizas como un eixo fundamental de desenvolvemento económico.

"Hoxe temos un presidente da Xunta que non mira para Portugal, que no mira para as oportunidades que ofrece a eurorrexión e que simplemente se comporta como un delegado do Goberno e non como presidente de Galiza. Por iso, un dos compromisos do BNG se o 12 de xullo obtemos o respaldo suficiente para liderar o próximo goberno galego é facer un eixo central da cooperación transfronteiriza e traballar nas relacións económicas e culturais e nos vínculos que existen a un lado e outro da raia porque esa é unha oportunidade que non podemos deixar pasar", explicou Pontón.

"Non o podíamos facer nunca e moito menos nunha situación de crise como a que temos agora e cando se necesita a fronte do Goberno galego a unha presidenta disposta a establecer unhas relacións de normalidade con Portugal e facer diso un elemento de desenvolvemento económico desta zona", recalcou.

Controversia coa data de apertura de fronteiras
Pola súa parte, o cabeza de lista da provincia de Pontevedra, Luís Bará, salientou a importancia de que, fronte ás controversias coa data de apertura xeral de fronteiras para o turismo, a apertura de pasos para as persoas traballadoras debe ser inmediata e, se cabe, adaptada a horarios laborais para facilitar a mobilidade das persoas que traballan a un lado e viven a outro da 'raia'.

Insistiu en que resulta "tremendamente inxusto" poñer ao mesmo nivel o turismo e as necesidades das e dos traballadores, que deben asumir os custes económicos de desprazarse centos de quilómetros de rodeos e o gasto en tempo de facer eses percorridos e esperar nas colas de Tui-Valença.

"Está ben que se potencie a chegada de visitantes, pero o principal, o necesario e imperioso é facilitar a actividade económica de toda a fronteira e das e dos seus traballadores, que agora mesmo está afogada. Non é suficiente dicir que se abren en xeral as fronteiras nin o 1 de xullo nin tampouco o 22 de xuño", finalizou.

No seu desprazamento até a Ponte de Goián, Pontón e Bará estiveron acompañados por alcaldes, alcaldesas e cargos institucionais e orgánicos do BNG dos concellos afectados polo peche da fronteira con Portugal.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones