Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontón pide o apoio da veciñanza para que Baz lidere un goberno transformador para A Guarda

Sector pesqueiro e infraestrutura portuaria, compromisos de Carme da Silva para defender no Congreso

Sector pesqueiro e infraestrutura portuaria, compromisos de Carme da Silva para defender no Congreso

Fecha: 03 de Abril de 2019

Fuente: Concello da Guarda

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidatura do BNG á Alcaldía da Guarda para pedir un apoio masivo para que Anxo Baz lidere o próximo goberno municipal e poder desenvolver un proxecto que é garantía de transformación económica e social, garantía de diálogo e garantía de mellora da vida da veciñanza.

Pontón puxo como exemplo o goberno local de Tomiño, hoxe referencia no Baixo Miño tras a xestión do BNG con políticas que marcaron un antes e un despois en materia de ordenación urbanística, comercio local, servizos públicos ou participación cidadán.

"O mesmo que defenderon os e as concelleiras nacionalistas na Guarda nesta lexislatura, pero ao que hai que dar un impulso definitivo desde unha maioría que lle permita liderar o goberno municipal despois do 26M", indicou.

Por iso, salientou a líder do Bloque, "para ter un concello aberto e dialógante, pensado para as persoas, que aposte por aproveitar o seu rico patrimonio como fonte de emprego e desenvolvemento turístico, que defenda servizos sociais de calidade e unha mobilidade na que convivan as persoas e os espazos públicos. Para conseguir todo isto, insisto, a mellor opción é a que representa o candidato do BNG, Anxo Baz, e os compañeiros e compañeiras que o acompañan na lista".

Pontón lembrou que antes das eleccións municipais hai outra cita coas urnas o 28A transcendente para o futuro do municipio e do conxunto do país: os comicios ao Congreso. Unha oportunidade, salientou, para devolverlle voz propia a Galiza da man do BNG, "a través dun proxecto sólido, solvente e unido coa man tendida a todas as persoas fartas de ver como as forzas estatais pasaron olimpicamente tanto dos problemas dos nosos concellos como dos intereses dos galegos e das galegas".

Por iso, argumentou, "vale máis unha deputada como Carme da Silva no Congreso, que vai dar a cara polas cuestións que afectan A Guarda que 23 deputad@s ás ordes do que lle diten os seus xefes desde Madrid". "Pídovos a vosa confianza para que este concello teñan voz propia no Congreso a partir do 28 de Abril e para que o BNG lidere un goberno de transformación en positivo a partir do 26 Maio", concluíu.


O candidato á Alcaldía, Anxo Baz, expresou a súa confianza no potencial do municipio: "Temos potencialidade suficiente para encarar o futuro con optimismo, só fai falta crer nela e ter a coraxe de aproveitalas e por iso presentamos un proxecto para transformar A Guarda sen complexos". O monte Tegra, as salinas romanas, a muralla medieval, as casas indianas o esteiro do Miño, o Porto foron algunhas das "potencialidades" citadas por Baz.

"No BNG temos a firme convicción de poñer todo o conxunto en valor, apostando por un plan de mobilidade que racionalice os espazos públicos e os coloque ao servizo da veciñanza e das persoas quen nos visiten", explicou. Un plan "que ordene o tráfico e o restrinxa onde sexa necesario, para resaltar e desfrutar do que temos de singular, propiciar espazos para desfrutar do que somos e ao mesmo tempo facer visible, atractivo e competitivo o noso comercio", argumentou.

Diálogo e contraste de opinións coa veciñanza
A reforma da Rúa Concepción Areal, levada a cabo desde a área de goberno nacionalista de mobilidade, é un exemplo do que se pode facer, así como o proxecto de acceso ao porto elaborado grazas a colaboración do BNG desde a Deputación. O candidato tamén comprometeu un goberno local "no que todos os veciños e veciñas sexan escoitados, contrastando opinións e dialogando coa xente da Guarda", concluíu.

Pola súa parte, a candidata ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, destacou o potencial da Guarda dan man dun proxecto que segue o modelo doutros municipios de éxito recoñecido liderados polo Bloque. "Ao igual que temos unha alternativa para defender Galiza no Congreso, Anxo Baz a ten para este concello fronte a outras propostas incoherentes que non teñen claro que futuro queren para esta vila", recalcou.

Da Silva adquiriu o compromiso de loitar desde o Congreso para sacar adiante as propostas que precisa este municipio en cuestións tan relevantes como o sector pesqueiro ou a vital infraestrutura do porto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones