Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Portos atrasa inxustificadamente a colocación dunhas xardineiras na rúa peonil do Porto

A resposta de Portos informou da necesidade de asinar un convenio entre as partes no que se establezan os termos de xestión e mantemento da instalación solicitada.

A resposta de Portos informou da necesidade de asinar un convenio entre as partes no que se establezan os termos de xestión e mantemento da instalación solicitada.

Fecha: 04 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda ven reclamando a Portos de Galicia dende fai un ano a colocación duns bolardos retráctiles para restrinxir o acceso de coches á zona peonil da rúa do Porto, co obxecto de mellorar a seguridade viaria e evitar o estacionamento irregular. Dado que non se acadou o compromiso da entidade pública para acometer a instalacións destes elementos, o goberno local tomou a decisión de construír, facendo uso de fondos propios, unhas xardineiras móbiles que cumpran o mesmo fin.

Para poder proceder á colocación, solicitouse o permiso de instalación das devanditas macetas á entidade dependente da Xunta de Galicia en agosto do pasado ano e, ao non obter resposta, reiterouse a solicitude en outubro de 2016.

A resposta de Portos informou da necesidade de asinar un convenio entre as partes no que se establezan os termos de xestión e mantemento da instalación solicitada. Así as cousas, o convenio proposto pola entidade pública, xa en febreiro deste ano, incluía toda unha serie de condicións abusivas polas que o Concello, para proceder á instalación das xardineiras, debería facerse cargo do mantemento da rede de abastecemento de auga, as redes de saneamento e de alumeado público, o mantemento dos distintos firmes, pavimentos e sinais de circulación e o custe do consumo eléctrico do alumeado público, entre outras obrigas.

En vista das desmedidas condicións esixidas por Portos de Galicia, o Concello da Guarda propuxo unha modificación das bases, toda vez que as tarefas de mantementos non son competencia do Concello e non se axustan ás características da actuación que se pretende, isto é, a simple colocacións de dúas xardineiras para regular o tráfico nunha rúa competencia da entidade pública.

Unha vez negociado o convenio, coas modificacións suxeridas polo goberno local, este asinouse o pasado mes de xullo. Non obstante, dende Portos indicouse que as xardineiras non poderían ser colocadas ata que un técnico da entidade se desprazase ata A Guarda para asinar unha acta de replantexo. A día de hoxe, a punto de finalizar o verán e despois de reiterados contactos por parte do Concello -e a pesar de ter xa o convenio asinado-, Portos de Galicia aínda non deu a autorización definitiva cumprindo co trámite de asinar a acta de replantexo.

Con todo, resulta difícil de xustificar as dificultades que Portos de Galicia pon para esta actuación tan importante e tan sinxela, que nin sequera se pode considerar unha obra, senón unha mera instalación de mobiliario como é a colocación dunhas xardineiras que mellorarán a seguridade na rúa peonil, unha demanda dos veciños e usuarios dese espazo público.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones