Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Portos de Galicia habilitará un pantalán provisional na Guarda para acoller as embarcacións que participen no Encontro

O organismo que preside José Juan Durán vén de asinar esta mañá un convenio con Culturmar e a Confraría de A Guarda para facilitar a estancia das embarcacións participantes no evento de xullo.

O evento, que terá como un dos seus principais escenarios o peirao guardés

Fecha: 24 de Mayo de 2019

Fuente: Asoc. Piueiro

O Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, asinou esta mañá en A Guarda un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores desta localidade e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) para apoiar o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará neste municipio entre 0s días 11 e 14 do mes de xullo.

O evento, que terá como un dos seus principais escenarios o peirao guardés, contará coa colaboración de Portos de Galicia como administración responsable desta instalación. Deste xeito, e en base ao acordo asinado esta mañá na sede da Confrafía da Guarda, Portos de Galicia contribuirá ao evento mediante a instalación temporal dun pantalán adicional para as embarcacións participantes no evento.

Este pantalán estará formado por dous módulos de 12 metros de lonxitudes e 3 metros de ancho, unha pasarela de 20 metros de lonxitude e 2 metros de ancho e o resto de elementos que sexan necesarios para a reinstalación en destino. O importe desta actuación ascende a 15.000 euros.

O presidente de Culturmar, Manuel García Sendón, agradeceu a colaboración de Portos e salientou o feito de que a sinatura do convenio sexa, por vez primeira, a tres partes (Portos, Culturmar e a Confraría), "porque a cultura mariñeira sen a achega da comunidade mariñeira actual, perde bastante sentido". García Sendón destacou, neste senso, a confluencia práctica de movemento asociativo que se dá no Encontro.


Cultura e lecer conviven no Encontro
O Encontro, que ten este ano como patrocinadores principais á Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía, etc.


Os encontros dinamizan sectores como a carpintería de Ribeira, os efectos navais, artesáns e, sobre todo, para conservar e divulgar o Patrimonio Marítimo Galego, potenciando os atractivos turísticos das comunidades da beiramar e axudando a un turismo sustentable, tal e como recomendan os diversos proxectos que está a desenvolver a Comisión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones