Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Portos de Galicia saca a licitación por 205.000 euros as obras de mellora da rampla de varada do porto da Guarda

Os traballos supoñen a prolongación desta infraestrutura, reparación de descalces do peirao, escaleiras e reposición do pavimento.

Os traballos supoñen a prolongación desta infraestrutura, reparación de descalces do peirao, escaleiras e reposición do pavimento.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2021

Fuente: Portos de Galicia

Portos de Galicia vén de sacar a licitación as obras de mellora funcional da rampla de varada do porto do municipio pontevedrés da Guarda. Os traballos saen a concurso cun orzamento de licitación de 205.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes está aberto para os interesados, que poden consultar toda a información na plataforma Contratos de Galicia e na páxina web do ente público, www.portosdegalicia.gal.

Os traballos proxectados consisten na mellora da operatividade desta infraestrutura na que ten lugar a carga e descarga de pesca do peirao guardés, para garantir a súa funcionalidade en condicións axeitadas de seguridade. A rampla, que ten unha anchura de 115 metros e unha lonxitude de 72 metros, desemboca nunha zona de rocha que en función das mareas dificulta o seu uso polo que é necesaria a prolongación.

As obras inclúen a ampliación da rampla en 18,5 metros de lonxitude e 35 de anchura, partindo das escaleiras de acceso. Así mesmo abarcan o recalce do peirao de descarga e a reparación das escaleiras anexas que se empregan para o subministro de combustible. Finalmente restituirase tamén parte do pavimento da rampla actual.

Con carácter previo a esta actuación o proxecto inclúe a dragaxe da fronte de acceso á rampla ata acadar a cota -1. A superficie para dragar é de 952 metros cadrados e o volume estimado de material para extraer, de 140 metros cúbicos. O material será trasladado a outra zona da dársena ou retirado para a súa valorización en terra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí