Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRESENTACIÓN IV MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS NA GUARDA

A IV Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrarase os días 25, 26, 27 e 20 de xullo e nesta edición 2013 contarase con obradoiros, actividades náuticas, exposición na nave das redeiras e taberna mariñeira.

Fecha: 20 de Julio de 2013

Fuente: www.aguarda.es

O xoves, 18 de xullo, foi o acto de inauguración da IV mostra das Tradicións Mariñeiras no centro cultural da Guarda, que este ano titulase "Un mar de Tesouros". Xunto co alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, contouse coa presencia da vogal de Asociación de Redeiras Atalaya, María Rita González Martínez, e o presidente de Ponte nas Ondas, Santi Veloso.
A apertura correu a cargo de Santi Veloso, que comezou facendo un análise do seu traballo para logo destacar a importancia que ten recuperar o patrimonio inmaterial. "Algo tan feble que desaparece coas persoas e co paso do tempo". O proxecto levado a cabo este ano pretende recuperar as historias, algunhas olvidadas e outras que inda permanecen vivas. En todo caso, a idea é que A Guarda sexa o 1º Concello que instale un regulamento dos "Tesouros Vivos", favorecendo a memoria das labores do mar e a súa xente.
A presidenta da asociación das Redeiras inundou a sala de nostalxia recordando a súas vivenzas máis íntimas e persoais. Narrando dende moi pequena a súa relación co mundo mariñeiro e contando anécdotas das redeiras, fixo que todos os presentes nos mergulláramos con ela en seguiramos o fío de todas as súas redes. Tan propias e tan de todos os guardeses.
O alcalde non quiso rematar o acto sen dar as grazas a todos os asistentes e aos Concelleiros tamén presentes, destacando a importancia neste proxecto da Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e o o Concelleiro de Deportes, Javier Crespo. Explicou como a idea xurdiu da intención de dar homenaxe ao noso mar. O principio a xente non colaboraba tanto, pero cos anos foise mellorando. Nace nun pobo mariñeiro pola preocupación da recuperación do patrimonio inmaterial. Unha recollida que irá ampliándose ano a ano e que poderá ser un exemplo para outros concellos.
A IV Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrarase os días 25, 26, 27 e 20 de xullo e nesta edición 2013 contarase con obradoiros, actividades náuticas, exposición na nave das redeiras e taberna mariñeira. Ademais, no paseo marítimo estarán dispostas embarcacións tradicionais e xogos mariñeiros.
Na Guarda nunca nos esquecemos da gastronomía, polo que na rúa do Porto, os visitantes poderán degustar de peixe espada e de pratos típicos da cociña mariñeira. Contarase con numerosas exposicións nestes días, destacando a recreación da escola mariñeira e presentación de fotografías antigas, có que se intenta achegar os traballos típicos do mundo mariñeiro e a súa forma de vida. Obradoiros de cerámica, cestería, nós, encadernación, cordoería, encascado tamén estarán abertos á participación do público.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones