Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRETO DUN CENTENAR DE VECIÑOS DA GUARDA PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Preto dun centenar de visitantes e veciños e veciñas da Guarda participaron nas actividades organizadas polo Concello para conmemorar o Día Internacional dos Museos.

O obxectivo desta visita, tal e como comentou Gómez, era dar a coñecer este oficio que, como apuntou, non ten un relevo xeracional polo que está en perigo de extinguirse.

Fecha: 19 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Preto dun centenar de visitantes e veciños e veciñas da Guarda participaron nas actividades organizadas polo Concello para conmemorar o Día Internacional dos Museos. Os participantes, moi interesados, puideron visitar tanto o Monte Santa Trega, coma o Museo do Mar e o Castelo de Santa Cruz, dunha maneira moito máis interactiva.

A xornada comezou pola mañá coa visita especial ó Monte Santa Trega, que levaba por título "A casa nostra: familia e poder no Trega". O guía Leo González, ataviado cun traxe de guerreiro castrexo cedido pola Museo Municipal de Póvoa de Varzim, ambientou a visita comentando o medio centenar de participantes como vivían e como se distribuían os habitantes no castro. González fixo un percorrido pola zona escarvada onde se atopa a vivenda reconstruída e foi explicando todas e cada unha das peculiaridades destas construcións. A duración prevista para a visita era de unha hora pero debido ó interese mostrado polos participantes a actividade durou preto de dúas horas.

A seguinte actividade foi no Museo do Mar ás 17 horas. Neste punto unha vintena de participantes coñeceron, da man de Enrique Gómez Maya, a maneira de facer unha corda artesanal. Os asistentes, que estiveron moi atentos durante a explicación, tiveron a oportunidade de ver de preto esta elaboración. O obxectivo desta visita, tal e como comentou Gómez, era dar a coñecer este oficio que, como apuntou, non ten un relevo xeracional polo que está en perigo de extinguirse.

A última actividade tivo lugar no Castelo de Santa Cruz. Manuel Álvarez Pérez, xunto con Nuria Castro e Miguel Souga, membros da asociación "A Jalleira", explicaron ós participantes as diferentes épocas polas que pasou o Castelo. Así, por exemplo, falaron que no 1860, poxáronse as parcelas e un dos propietarios dividiu o espazo interior nunha zona de xardín e outra para a horta. Desta división naceu unha masa forestal moi variada e interesante, na que, por exemplo destacan uns cipreses de gran envergadura, grandes camelios ou especies exóticas chegadas dende Xapón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones