Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Primeira actuación en 20 anos na antiga Casa Forestal do Monte Sta. Trega

O Concello de A Guarda investirá algo máis de 15.000? neste espazo

O Concello de A Guarda investirá algo máis de 15.000? neste espazo

Fecha: 13 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

A antiga Casa Forestal do Monte Sta. Trega de A Guarda, enmarcada nun lugar paisaxístico incomparable, ao carón do Poboado Galaico-Romano e con vistas sobre o Atlántico e o Río Miño, vai recibir a súa primeira actuación despois de case 20 anos de abandono.

A principios da década dos anos 90´s a antiga Casa Forestal foi cedida a Patrimonio da Xunta de Galicia para a realización dun Museo ou Centro de Interpretación que nunca víu a luz, quedando dende aquela a merced das inclemencias do tempo, o paso dos anos e os actos vandálicos que deterioraron aínda máis a súa infraestructura.

A Comunidade de Montes de Camposancos ven de anunciar que Patrimonio resolveu finalizar a cesión, polo cal esta edificación volve a estar en mans desta Comunidade, que ten xa un principio de acordo co Concello de A Guarda para invertir neste espazo algo máis de 15.000€ para a rehabilitación do tellado e fiestras da edificación, para evitar deste xeito, que este espazo se deteriore máis e poder darlle algunha utilidade. A inversión é froito do diñeiro que quedou sen transferir e que agora se empregará para arranxar o tellado.

A Comunidade de Montes de Camposancos é consciente de que con este diñeiro non se rehabilitará por completo a infraestructura, pero si servirá para iniciar unha rehabilitación que permita darlle un uso a este espazo despois de tantos anos de abandono.

O Monte de Sta. Trega ven de sufrir unha transformación por parte das Comunidades de Montes que permitíu que se recuperaran antigos camiños e sendeiros, que permiten un maior disfrute deste espazo, proba delo foi a recente edición do Trail do Monte Sta. Trega, que percorreu uns 18 km de sendeiros e camiños, cun grao de satisfacción moi alto por parte dos participantes.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones