Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRIMEIRA, E MOI ESPERANZADORA, SESIÓN DE -CONVERSAS COA XUVENTUDE-

Nesta ocasión participaron o ex alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde Antonio Lomba

Nesta ocasión participaron o ex alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde Antonio Lomba

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Esta fin de semana celebrouse a primeira das sesións do ciclo "Conversas coa Xuventude", que nace no Concello da Guarda coa intención de crear un espazo de encontro entre a administración local e a mocidade do municipio.

Este primeiro encontro contou coa presenza do ex alcalde guardés José Manuel Domínguez Freitas e coa do actual alcalde, Antonio Lomba. O acto foi presentado pola Concelleira de Xuventude Elena Baz.

O primeiro en tomar a palabra foi Freitas quen fixo un percorrido entre as diferentes accións que se levaron a cabo en temas de Xuventude durante os oito anos que el foi alcalde. Así, o ex alcalde guardés falou e explicou que, aínda que algunhas actividades ou accións non fosen programadas directamente para a mocidade, sempre, "de forma transversal" aparecía a xuventude. Desta maneira afirmou que durante o seu mandato, e tamén nesta lexislatura, os mozos e as mozas da Guarda son unha peza fundamental.

Pola súa banda, Antonio Lomba, afirmou que, aínda que é complicado que as políticas de xuventude cheguen a conectar cos mozos e mozas, este tipo de actos son "moi esperanzadores" xa que é "moi positivo e importante" que a mocidade participe na política municipal.

O alcalde da Guarda aproveitou este encontro para presentar os alí presentes un novo programa dirixido a eles. Así, Lomba, explicou que quere implicar a xuventude da Guarda cunha nova iniciativa na que se busca ofrecer a Guarda coma un espazo de expresión artística. "Queremos que a xente poida entender o os espazos e o mobiliario público coma propios. Ofrecer a xente a posibilidade de actuar sobre eles para embelecelos e convertelos así en algo propio, ", dixo Lomba. E continuou: "facendo que verdadeiramente A Guarda sexa cousa de todos"

 

Esta foi a primeira das xornadas abertas que o Concello ten programadas coa xuventude. Nestes encontros o que se busca é facilitar ferramentas de participación directa entre a mocidade e o goberno local.
Espérase que nos seguintes encontros sexa un maior número de mozos e mozas os que acudan e expoñan as súas propostas, necesidades e demandas ó goberno local.

O obxectivo final é tecer redes de colaboración para conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones