Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E DEMAIS MEDIDAS TOMADAS EN MEDIO AMBIENTE NO CONCELLO DE OIA

Repartiranse, nun principio, 25 composteiros ás persoas interesadas que así o soliciten, seguindo unha rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello

O Concello de Oia vai iniciar un PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA, que inclúe a CESIÓN GRATUÍTA dun compostador aos veciños/as que queiran participar.

Fecha: 10 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellodeoia.es

O Concello de Oia vai iniciar un PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA, que inclúe a CESIÓN GRATUÍTA dun compostador aos veciños/as que queiran participar. Repartiranse, nun principio, 25 composteiros ás persoas interesadas que así o soliciten, seguindo unha rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello

O prazo para presentar a solicitude no Concello será entre o 13 e o 23 de outubro

- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES Para poder participar neste programa, os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:
- Ser propietario ou arrendatario dunha vivenda unifamiliar que dispoña de horta ou xardín onde colocar o compostador.

- Comprometerse: * a utilizar o compostador unicamente para os fins para os que se establece * a participar nun curso de formación sobre a utilización do compostador * a permitir a visita dos técnicos/as do Concello para que comproben o uso do compostador
Podes obter máis información no teléfono 986 362 125, no email (aedl@concellodeoia.es) ou no Concello.

A adscripción do Concello a esta iniciativa levada a cabo a través de SOGAMA, pretende ser continuidade da campaña que se está a levar a cabo no eido do Medio ambiente.

Gerardo Rodríguez Refojos, Concelleiro de Medio Ambiente, considera unha prioridade do Concello reducir o volume de residuos sólidos que se xeran, excesivos para un Concello de ámbito rural.

Así, estamos programando unhas charlas informativas sobre Reciclaxe doméstica, que se levarán a cabo polas parroquias do Concello para concienciar á xente sobre a necesidade de xestionar ben os residuos, dándolle consellos e información para unha correcta reciclaxe.

Tamén nos colexios , impartiranse charlas e talleres para a correcta xestión dos residuos, intentando así sensibilizar ós máis novos nesta materia.

Dende a chegada ó goberno municipal, xa se firmou un Convenio para a instalación de dous colectores de aceite (un está na parroquia de Santa María de Oia e outro na parroquia de Loureza). Fíxose un estudo da ubicación dos contenedores, reubicáronse varios en función do número de usuarios, localización, etc..e organizáronse illas de reciclaxe. Tamén vamos a instalar adhesivos para rotulalos e que a xente saiba claramente o que ten que botar en cada un.

Estamos a facer inversións extraordinarias para por en funcionamento as depuradoras e legalizar a única traída de augas que ten o Concello.Neste campo, seguimos, así mesmo, intentando evitar o mal uso das depuradoras, concienciando á xente sobre a necesidade de evitar atascamentos nas tubaxes (producidos por toalliñas, bastonciños, compresas, etc ..que se depositan nos inodoros).

E, a recollida de voluminosos, que se fai o último martes de cada mes, temos intención de ampliala, en función da necesidade dos usuarios, a un día máis. Para a recollida dos voluminosos (colchóns, mobles, etc..), os/as veciños/as do Concello deben deixar aviso no Concello antes do día de recollida, para unha mellor organización do servizo.

Gerardo Rodríguez Refojos, Concelleiro de Medio Ambiente
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones