Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Programación polo Día da Biblioteca na Guarda

O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

Fecha: 26 de Octubre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda remata esta semana as actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

As actividades continúan este xoves día 24 con «Efervesciencia. Bibliotecas para mudar o cambio climático» a cargo de Manuel Vicente García.

Imaxina que es un negociador da UE nun cumio mundial e tes que tratar cun negacionista do cambio climático. O noso adestramento expreso divertido e soprendente darache as claves para superar este reto. Realizaremos experimentos con xeo seco, ensinarémosche o efecto invernadoiro cunha cámara de infravermellos e melloraremos as túas capacidades de negociación.
Público recomendado: Nenas e nenos entre 7 a 12 anos.
Xa para rematar o vindeiro sábado día 26 de outubro ás 11:30h terá lugar a derradeira actividade co Obradoiro de creación de teatros de papel: O obxectivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Ensinamos a construír a maqueta dun teatro clásico e a crear escenarios e personaxes a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas. O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes.


Público recomendado: Nenas e nenos entre 6 e 12 anos


Programación:
Xoves 24 "Bibliotecas para mudar o cambio climático". Efervesciencia. Ás 18:00 h.
Sábado 26 "Obradoiro de creación de teatros de papel". Juste Kamishibai, Papel e Teatro. Ás 11:30 h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones