Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Quinto faladoiro dentro do ciclo Diálogos en educación

Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña convida, nesta ocasión, ao profesor Ricardo García Mira.

Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña convida, nesta ocasión, ao profesor Ricardo García Mira.

Fecha: 28 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O quinto faladoiro dos "Diálogos en Educación" celebrarase o vindeiro xoves, 28 de xullo, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos. Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña convida, nesta ocasión, ao profesor Ricardo García Mira.

Ricardo García Mira é Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994), Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña (1995-2015).

Coordenador do Grupo de Investigación Persona-Ambiente desde 1995, é o Presidente da sociedade científica internacional IAPS (International Association for People-Environment Studies), ademais de Presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial "Xoan Vicente Viqueira" (1994-2015).

Foi "Profesor Visitante" da University of Surrey (Reino Unido), Texas State University (San Marcos, USA), Universidades de Tallinn (Estonia), Universidade do Oeste de Timisoara (Rumanía), Universidad Nacional Autónoma de México (México DF) e Universidade Federal de Ceará (Fortaleza, Brasil). Actualmente é "Profesor Honorario" da University of Bath (Reino Unido).

É un investigador activo ao longo dos últimos 20 anos, avaliando o impacto ambiental de problemas sociais, como o desastre do Prestige (2002-2008) ou os incendios en Galicia (2006-2007). Ten experiencia en dirección e xestión de proxectos de investigación baixo o patrocinio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación e a Unión Europea a través do programa FEDER e o programa FP7. Foi o Coordinador do Consorcio Europeo no proxecto LOCAW "Reducindo Emisións no Traballo" (2011-2013), así como do Proxecto GLAMURS "Estilos de Vida Sustentables e Economía Verde" (2014-2015).

Foi Deputado do PSdeG-PSOE no Congreso na XI Lexislatura, pola circunscripción da Coruña, na que ocupou os cargos de Portavoz da Comisión de Cambio Climático, Secretario da Comisión de Economía e Competitividade, e Vocal da Comisión de Educación no Parlamento do Estado. Volveu ser elixido nas pasadas Eleccións Xerais de 26 de xuño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones