Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recepción nena saharaui na Guarda

Dende o colectivo resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharaui, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.

Dende o colectivo resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharaui, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.

Fecha: 30 de Julio de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O luns 29 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, fixo unha recepción a representantes a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, grazas á cal «Fala», unha nena de 10 anos de idade, pode pasar este verán cunha familia de acollida na vila da Guarda.

Este colectivo leva traballando dende o ano 1992 en diversos temas humanitarios, de sensibilización política, educación, deporte, pero sen dúbida o seu proxecto estrela é «Vacacións en Paz», mediante o cal nenos e nenas saharauis de entre 7 e 13 anos teñen a posibilidade de escapar do verán do Sáhara, onde se poden alcanzar os 50º de temperatura para poder ter un respiro con familias de acollida de toda Galicia. Este ano un total de 300 nenos e nenas participan nesta experiencia, na que tamén se inclúe unha atención médica grazas a diversos convenios co Sergas e clínicas privadas.

Dende o colectivo resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharaui, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.

A Delegada de Zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui quixo agradecer o apoio recibido por parte do Concello da Guarda, facendo un convite a todas aquelas familias que desexen participar no seu programa «Vacacións en Paz», para seren familias de acollida de cara ao verán 2020, indicando que poden contactar con este colectivo chamando ao teléfono 986 26 26 37.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones