Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recta final de inscricións para a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando na Guarda

A Carreira conta xa co seu propio -himno-, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan

A Carreira conta xa co seu propio -himno-, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • A Carreira conta xa co seu propio “himno”, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan
  • As inscricións continúan abertas ata o luns día 4 de maio

 

O vindeiro domingo día 8 de maio A Guarda acolle a segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.

 

Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

 

A proba celebrarase o vindeiro domingo día 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3800m e a modo carreira ou andaina e na modalidade 2 con 1000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda da Guarda.

 

A cota de inscrición é de 7€ para adultos e de 3€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0 para as persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero que si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.

 

As inscricións continúan abertas ata o luns día 4 de maio no seguinte link:    https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.

 

Máis actividades na Alameda da Guarda

 

Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

 

Contarase tamén un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

 

Realizaranse ademais partidas simultáneas de Xadrez e contarase co concerto do grupo “Uxía Lambona e a Banda Molona”.

 

Ao remate farase entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

 

Canción da Carreira Revirando

 

A Carreira conta xa co seu propio “himno”, unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan e na que se misturan diferentes verbas do que os propios rapaces pensan que significa “Revirando” para eles. Colaboraron nesta canción Ticho Fernán (banda Sonora), Nuria González (Voz), Suso Feixón (Batería e percursión), Pedro Feijoo (baixo e producción) e o alumnado do centro educativo PP Somascos cos coros.

Máis información sobre a canción en: https://somascosaguarda.com/2022/04/27/cancion-revirando/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones