Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

RECTA FINAL DO MICROMECENADO PARA COSTA DOS CASTROS

Na campaña de crowdfunding xa participaron máis de 50 colaboradores que aportaron cerca de 4.500 euros para o patrimonio natural e arqueolóxico do Concello de Oia, na costa sur de Galicia.

Petróglifo Auga dos Cebros - cedida por Javier Costas Goberna

Fecha: 09 de Octubre de 2015

Fuente: Costa dos Castros

As catro Comunidades de Montes de Oia que forman Costa dos Castros cren que se van alcanzar os obxectivos no que queda de campaña, aínda que lles sorprende que non haxa máis aportacións para o petróglifo de Auga dos Cebros, único en Europa.

Tres meses pasaron dende que o equipo do proxecto Costa dos Castros puxera en marcha unha pioneira campaña de crowdfunding arqueolóxico. O seu obxectivo fundamental é complementar o financiamento para tres iniciativas impulsadas polas Comunidades de Montes do Concello de Oia: Mougás, Viladesuso, Pedornes e Oia.

Deste xeito, o participante do micromecenado pode decidir se colaborar nunha plantación de árbores autóctonas, se axudar a facer posible o proxecto de escavación no castro de Chavella ou botar unha man na preservación dun petróglifo único: o panel do barco de Auga dos Cebros.

Dende a organización cren que conseguiranse os obxectivos no que queda de campaña. "O obxectivo principal era poder levar a cabo os tres proxectos e iso poderemos facelo. A cantidade de aportacións futuras determinarán ata onde poderemos chegar en cada un dos proxectos", sinalan.

A campaña suma neste momento 4.500 euros, case a metade da cantidade proposta, e obtidos grazas a 51 colaboradores de dentro e fóra do país. Porén, aos organizadores sorpréndelles que as aportacións para salvaguardar o petróglifo de Auga dos Cebros non fosen máis masivas. "Trátase dun petróglifo único en Europa, agora estamos a darlle proxección internacional e xa saíu en medios arqueolóxicos estranxeiros como o prestixioso Popular Archaeology. Porén a campaña neste aspecto está a ser menos exitosa do esperado, a ver se cambiamos as tornas."

Este petróglifo sitúase no territorio da Comunidade de Montes de Pedornes e é a única representación en todo o Atlántico europeo dunha embarcación mediterránea do II Milenio a.C. Pero a Comunidade de Pedornes atópase practicamente sen recursos tras os lumes forestais de 2006; coa campaña de micromecenado preténdese axudar a facer unha limpeza vexetal da zona que axudaría a preservar o panel e a atopar outros posibles gravados.

Cada colaboración para Auga dos Cebros é de 22€ e a cambio, o participante recibirá unha camisola cun deseño exclusivo do petróglifo. Neste enlace hai máis información sobre a campaña de micromecenado de Costa dos Castros e como participar: http://digventures.com/projects/costa-dos-castros/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí