Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Redrum presenta este sábado en Tui -A nena que quería navegar-

A obra trata o acoso escolar e a súa prevención traballando o reforzo positivo

A obra trata o acoso escolar e a súa prevención traballando o reforzo positivo

Fecha: 11 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O acoso escolar é o tema que aborda a proposta teatral que este sábado, 11 de novembro, ás 19h, chega ao Teatro Municipal de Tui da man de Redrum baixo o título de "A nena que quería navegar".

Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio conforman o elenco dirixido por Álex Sampayo nunha obra está recomendada para público familiar dende os 4 anos.

Neste espectáculo cóntase a historia dunha rapaza, que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos. Neste espectáculo trabállase coa idea do reforzo positivo coma unha das claves para previr o acoso escolar.

Redrum Teatro creouse en 2009 conxugando grandes valores da escena galega con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada.

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.

Redrum con "A nena que quería navegar"
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 11 de novembro, ás 19h
Entradas: á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones