Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

REDUCCIÓN DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E INCREMENTO DA RECICLAXE NO CONCELLO DA GUARDA

O concello da Guarda consegue situarse entre os concellos de Galicia que máis reciclan

O concello da Guarda consegue situarse entre os concellos de Galicia que máis reciclan

Fecha: 05 de Marzo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O concello da Guarda consegue situarse entre os concellos de Galicia que máis reciclan, este logro acádase grazas ao esforzo diario dos cidadáns que co seu xesto permiten ademais un aforro considerable para as arcas municipais.

Reducción de residuos

O concello da Guarda enviou a SOGAMA 4.417toneladas de residuos no ano 2006. Ano a ano as cifras de lixo enviadas a planta de Sogama téñense reducido, ata acadar no ano 2014 a cifra de 3.157 toneladas. Isto supón unha reducción do 28,52% ou 1.260 toneladas menos.

O concello implicóuse realizando campañas de concienciación na cidadanía, no instituto e nos colexios, introducindo melloras no funcionamento do Punto Limpo que a día de hoxe é un dos mellor xestionados de Galicia, ou aumentando o número de contenedores adicados á reciclaxe. A finalidade era e é enviar a menor cantidade posible de lixo a SOGAMA. Por iso, nestes momentos está en marcha unha nova campaña de concienciación dirixida á cidadanía para seguir informando da conveniencia da separación dos residuos e dos beneficios que iso lle supoñen ao conxunto da veciñanza.

Aforro económico

A minoración de toneladas enviadas a SOGAMA supuxo un aforro importante para as arcas municipais. O aforro só nestes últimos catro anos ronda os 300.000€, aforro que se logrou ao incrementar a reciclaxe. Isto permitiu que o concello non incrementase o recibo de lixo aos veciños a pesar da suba desproporcionada que fixo SOGAMA sobre os concellos, pasando o custe da tonelada dos 61,50euros a 82,10euros no 2014, un incremento no prezo do 35%,

Colaboración da cidadanía

O concello da Guarda está por riba da media galega en reciclaxe de vidro, plásticos, papel-cartón, madeira, pilas e aparatos eléctricos e electrónicos. Por pór un exemplo, en vidro superamos nun 90% á media galega.

No 2014 recolléronse máis de 3.400litros de aceite doméstico nos nove puntos de recollida que están distribuídos na localidade, incrementándose respecto do ano pasado nun 60%.

O concello realiza o esforzo, sen custe económico para os veciños, da recollida de voluminosos. Así no 2014 realizáronse máis de 200 saídas para recoller voluminosos que se levan ao Punto Limpo da localidade, un dos poucos que conta cun sistema de xestión sostible en Galicia.

Estas altas porcentaxes de reciclaxe e o aforro económico que isto supón débese ao esforzo que realizan @s veciñ@s da Guarda, aos que temos que felicitar por estes altos niveis de reciclaxe que permiten colocar A Guarda no cume dos municipios que máis reciclan en toda Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones