Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Regades pon en valor as sinerxias das administracións socialistas para darlle solución ás necesidades da Guarda

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pontevedra visitou esta mañá o proxecto de consolidación do xacemento de Mergelina, no que colaboraron Ministerio de Fomento e Deputación

? Regades estivo acompañado pola subdelegada do Goberno, Maica Larriba, o candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba

Fecha: 07 de Noviembre de 2019

Fuente: PSOE Pontevedra

O secretario xeral do PsdG-PSOE de Pontevedra, David Regades, desprazouse esta mañá ata A Guarda, acompañado polo candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer de primeira man os proxecto estatais que se están levando adiante no municipio. Acompañados do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, concelleiros e membros da agrupación local, visitaron en primeira instancia o xacemento arqueolóxico do "barrio de Mergelina", en Santa Trega, que foi obxecto dun proxecto de escavación e consolidación, que xa está rematado, pendente tan só da musealización do que é considerado un dos castros máis importantes do noroeste peninsular.

"Con estas accións, levadas adiante en virtude do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra e no que tamén se está traballando noutros 18 castros de toda a provincia, avanzamos na posta en valor do noso patrimonio, apostando pola nosa cultura e por un punto de especial importancia coma este castro", explicou o secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, algo que destacou tamén o alcalde da Guarda, quen fixo fincapé na sensibilidade do goberno da provincia e do Estado para levar adiante este proxecto singular.

Escolleira na Lamiña
Tras esta primeira visita, desprazáronse ata a praia da Lamiña, en Camposancos, onde este ano o Ministerio de Transición Ecolóxica aprobou a execución dun espigón para frear a erosión que estaba afectando ao sistema dunar desta zona, un proxecto que aínda non está en marcha pero no que se avanzou nestes últimos meses.

Mentres o proxecto remata os seus trámites administrativos, o avance da erosión fixo preciso actuar de xeito urxente para evitar a desaparición deste espazo, catalogado como protexido dentro da Rede Natura 2000, polo que desde a Subdelegación do Goberno e o Concello da Guarda impulsouse a execución dunha escolleira que xa se está facendo nestes días. A escolleira de 100 metros de longo se está levando adiante de tal xeito que logo se poda revertir totalmente, empregando para iso materiais adecuados que non afecten á contorna, segundo explicou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba.

O investimento desta escolleira é de 125 mil euros e prevese que estea rematada en menos dun mes, "grazas á axilización dos trámites que levamos adiante para conseguir os informes favorables tanto pola parte galega, española como portuguesa", explicou a subdelegada. Larriba tamén fixo fincapé en que o proxecto definitivo segue avanzando e prevese que a redacción do proxecto estea rematada a comezos do ano que vén, cun investimento de dous millóns de euros e vai ser o que definitivamente resolva este problema.

Revalorización das pensións, especialmente das de viudedade
Tanto Maica Larriba como o candidato ao Congreso, Guillermo Meijón, coincidiron en destacar tamén na sua visita á Guarda a importancia das políticas sociais estatais do goberno de Pedro Sánchez. Nomeadamente destacaron as pensións: "neste concello 2.558 pensionistas dos que 681 corresponden á pensións de viuvedade, que son as que máis se revalorizaron coa suba das base de cotización pensións que fixo o goberno de Pedro Sánchez e que supuxo unha revalorización das pensións nunha media do 7% nun primeiro momento coa suba do 52 ao 56% e logo, en decembro, coa nova actualización do 56% ao 60%, o que supuxo outra suba do 7%". Meijón tamén destacou que as pensións máis baixas tamén subiron unha media do 3% mentres que o resto subiron co IPC, o que supuxo unha suba media do 1,6%, moi por enriba da suba do 0,25% que fixo o Partido Popular durante os anos 2018 e 2019".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones