Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rematan os sorteos de carros da Campaña de Mobilidade -A Guarda, todo moi preto-

Para o Alcalde da Guarda o obxectivo desta Campaña é concienciar á poboación de que A Guarda é un pobo que se pode percorrer de xeito sinxelo a pé, favorecendo a mobilidade das persoas e a dinamización comercial

Para o Alcalde da Guarda o obxectivo desta Campaña é concienciar á poboación de que A Guarda é un pobo que se pode percorrer de xeito sinxelo a pé, favorecendo a mobilidade das persoas e a dinamización comercial

Fecha: 24 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

O martes día 23 de outubro a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a última entrega de 20 carros de compra entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda enmarcado na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto», con esta entrega foron un total dun centenar de carros os que se repartiron ao longo das pasadas 5 semanas.

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro na Casa dos Alonsos da man do Alcalde, Antonio Lomba e da Concelleira de Comercio Montserrat Magallanes, xunto cun plano «Metrominuto», no que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros.

Para o Alcalde da Guarda o obxectivo desta Campaña é concienciar á poboación de que A Guarda é un pobo que se pode percorrer de xeito sinxelo a pé, favorecendo a mobilidade das persoas e a dinamización comercial, engadindo que «temos un casco urbano que se pode percorrer en poucos minutos, non é preciso empregalo coche e se pode facer a pé sen inconvenientes». Neste senso destacou a aposta que se está facendo para promover e por en valor o Mercado municipal da Praza de Abastos da localidade, realizando diferentes obras de mantemento e mellora destas instalacións, promovendo tamén a incorporación de novos postos de venda coa futura licitación e concesión de 7 espazos de venda que se atopan arestora baleiros, ampliando a oferta de produtos e servizos deste espazo comercial do casco urbano do municipio así coma a formación continua dos praceiros e praceiras.

A Campaña «A Guarda, todo moi preto» abrangue diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones