Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Rematou a tempada de barferencias de inverno na Guarda cunha charla sobre -A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro-

A arqueóloga e especialista en arqueobotánica expuxo e compartiu os seus amplos coñecementos nesta temática

A arqueóloga e especialista en arqueobotánica expuxo e compartiu os seus amplos coñecementos nesta temática

Fecha: 28 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O pasado venres día 24 de marzo pechouse na Guarda a tempada de barferencias celebradas na vila durante estes meses de inverno. Durante os pasados cinco meses diversos locais da vila acolleron estas barferencias nas que expertos, profesores e investigadores de recoñecido prestixio realizaron ponencias sobre diversos temas.

A última das barferencias, que tivo como ponente á investigadora posdoctoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Martín Seijo, versou sobre "A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro". Ante os asistentes que se achegaron ata o Restaurante O Forte, a arqueóloga e especialista en arqueobotánica expuxo e compartiu os seus amplos coñecementos da temática sobre a cal versou tamén a súa tese pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento. Para isto realizou un breve percorrido pola Idade do Ferro e a relación destas comunidades co bosque a partir da xestión dos recursos forestais, fundamentalmente da madeira. Tras a charla os presentes amosaron o seu interese, debatendo os distintos aspectos tratados e realizando preguntas sobre o tema.

Deste xeito péchase o programa de barferencias 2016/17 co que o Concello da Guarda ofreceu aos veciños e veciñas cinco ponencias nas que se trataron temas tan interesantes e diversos como a minería de ouro ou a historia do Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), que este ano celebra o seu centenario, entre outros.

Dende o Concello agárdase que estas barferencias resultaran interesantes e foran desfrutadas polos guardeses e guardesas e poder así seguir, a vindeira tempada, organizando novas barferencias coas que debater e descubrir novos coñecementos nun ambiente distendido.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí