Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

RESPONSABLES DE SETE MUSEOS MARÍTIMOS GALEGOS REUNÍRONSE NO MUSEO DO MAR DE GALICIA PARA ABORDAR UNHA FOLLA DE RUTA PARA ESTES CENTROS ESPECIALIZADOS

En representación do Museo do Mar de A Guarda estivo presente a Técnica de Cultura do Concello de A Guarda

En representación do Museo do Mar de A Guarda estivo presente a Técnica de Cultura do Concello de A Guarda

Fecha: 07 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presidiu hoxe no Museo do Mar de Galicia acolleu unha reunión técnica de responsables de museos marítimos para fixar criterios e procurar unha ruta común e buscar formas de colaboración futura entre os distintos museos de temática marítima da nosa comunidade. Na xuntanza, a primeira destas características, participaron os responsables do Museo do Mar da Guarda, do da Navegación de Baiona, do Museo Massó, do Museo ANFACO da industria conserveira, do Museo da salgadeira do Grove, do Museo do Mar de Rianxo, do Museo da Construción Naval "Exponav" de Ferrol e do propio Museo do Mar de Galicia.

Esta xornada de traballo permitirá expoñer os modos de traballo, modelos organizativos e prácticas museolóxicas e museográficas presentes en cada centro e abordar a conveniencia de potenciar os intercambios para aproveitar o coñecemento e crear sinerxías que permitan un mellor traballo cotián en cada un destes museos e o mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Salvagardando a nosa memoria marítima
Na actualidade conviven en Galicia un importante número de museos e centros de interpretación vencellados ao mar que teñen como obxectivo preservar a memoria marítima e mariñeira. Algunhas destas institucións nacen ao abeiro da Administración autonómica ou das deputacións, os mais dependen de distintos concellos e uns poucos son froito da sociedade civil, ben polo pulo de asociacións ou de carácter estritamente privado.

Os inmobles e recursos, así como os modelos organizativos e as vocacións temáticas destes museos son moi diversos, pero entre todos eles definen un tecido de gran amplitude territorial e con importante arraigo social nos seus respectivos eidos locais. Cada un destes centros vela pola salvagarda e protección do inxente patrimonio marítimo de Galicia, desde eidos tan diversos como o da recuperación das embarcacións tradicionais, a arqueoloxía subacuática ou a etnografía mariñeira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones