Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

RESTAURANTES E HOTEIS DA GUARDA CERTIFICAN UNHA SUBIDA NO NÚMERO DE TURISTAS DURANTE ESTE VERÁN

Durante os meses de xuño, xullo e setembro o Concello da Guarda recibiu a miles de visitantes nas súas rúas

Praia da Area Grande - Arquivo Infomiño.com

Fecha: 12 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Durante os meses de xuño, xullo e setembro o Concello da Guarda recibiu a miles de visitantes nas súas rúas. Este verán, en comparación cos anteriores, tanto os restaurantes coma os hoteis, notaron unha subida nas súas reservas e nos seus comensais.
Como vén sendo habitual, o mes de agosto é o que máis xente atrae a vila, mais durante todo o verán as rúas da Guarda enchéronse de turistas.

Segundo os datos recadados nos diferentes hoteis da vila, en tódolos meses, comparativamente, houbo máis visitantes que nas mesmas datas do ano anterior. Así, no mes de xuño houbo unha ocupación media do 54%, no mes de xullo do 70% e no de agosto do 90%, habendo casos nos que tódalas habitación estiveron reservadas durante todo o mes.

Todos os establecementos coinciden en que as reservas de verán comezaron antes que en anos anteriores, e que o mes de xullo mellorou especialmente na segunda quincena, comparándoo co 2014.

Restaurantes

O caso das reservas e comensais nos restaurantes é similar. Algúns dos responsables dos establecementos afirman que non recordaban un verán tan bo nos últimos cinco anos.

Como aconteceu nos hoteis, nos restaurantes e bares da vila, afirman que xa se comezou a ver a moitos turistas e visitantes no mes de xuño, cousa que non pasaba nos anos anteriores. Ademais, afirman que este mes de xullo do 2015 pareceuse o agosto do 2014, polo que foron unhas datas "excepcionais".

O gran incremento de clientela veo co mes de agosto, datas nas que nalgún restaurante chegou a crecer un 70% o número de comensais.


Durante este mes, e coincidindo tamén coas Festas do Monte e as innumerables actividades programadas polo Concello da Guarda, a ocupación nas mesas dos restaurantes chegou a ser do 100%.

Dende os restaurantes afirman que ata pechar o trimestre descoñecen os datos da facturación exacta mais trasladan a percepción satisfactoria en xeral.
Esperan que o próximo verán esta tendencia á alza que se viviu no 2015, continúe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones