Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

RESUMO DO NADAL 2015 NA GUARDA

O Concello da Guarda, xunto a todos os veciños e veciñas da vila, despiden o Nadal 2015 tras unhas semanas con moitas e moi diversas actividades.

O Concello da Guarda, xunto a todos os veciños e veciñas da vila, despiden o Nadal 2015 tras unhas semanas con moitas e moi diversas actividades.

Fecha: 12 de Enero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda, xunto a todos os veciños e veciñas da vila, despiden o Nadal 2015 tras unhas semanas con moitas e moi diversas actividades. Este ano foron moitas as iniciativas que fixeron destes días unhas datas moi especiais para compartir coa familia e amigos.

 

O Concello quixo que os veciños e veciñas da localidade os que participasen de forma activa na celebración deste Nadal. Así, unha das iniciativas máis exitosas foi "Decora o teu Nadal" na que as diferentes asociacións locais adornaron as diferentes rúas e prazas guardesas.

Estes adornos, nos que se diferenciaba a casa do Apalpador ou un coro de música, entre outros,  xunto coas luces colocadas por toda a vila, fixeron que A Guarda lucise dunha maneira moi especial.

Ademais a música na rúa da man do grupo Xamaraina ou da charanga de Os Zanfonos, xunto co fío musical, ambientaron a localidade.

 

Os comerciantes tamén participaron deste Nadal a través dunha campaña comercial na que, Papa Noel, repartía entre os veciños e tamén visitantes, diferente sobres con publicidade ou descontos entre os diferentes comercios adheridos. Máis de corenta establecementos participaron nesta actividade.

 

Os nenos e nenas foron, e son, unha parte primordial destas datas polo que, o Concello, programou diferentes actividades para que os máis pequenos da casa foran unha parte activa neste Nadal. Así rapaces e rapazas en diferentes obradoiros decoraron as árbores de Nadal da Casa Consistorial, fixeron diferentes adornos para a recepción dos Reis Magos e fabricaron unha zambomba artesanal.

Ademais houbo cinema e diferentes obras teatrais no Centro Cultural especialmente para eles.

 

O teatro tamén foi unha actividade para os adultos. Así, cunha media de 150 espectadores por función, A Guarda acolleu a novidosa e exitosa obra "Pan Pan" e a sorprendente "Noiteboa".

 

Na programación tamén houbo sitio para o deporte. O 27 de decembro celebrouse "IV Carreira Solidaria" na que máis de cen corredores percorreron a zona do porto da vila pasando pola Senda Litoral e a praia de A Lamiña.

 

Reis Magos

 

O mal tempo impediu que os Reis Magos de Oriente puideran percorrer A Guarda en cabalgata pero non que recibisen a todos os nenos e nenas da localidade. Así, o 5 de xaneiro, na Casa dos Alonsos, celebrouse a Gran Recepción Real.

 

Case 700 rapaces e rapazas puideron saudar e falar con Melchor, Gaspar e Baltasar nunha moi eloxiada recepción.

Durante tres horas os Reis Magos estiveron escoitando os desexos dos nenos e nenas e facéndolles entrega de caramelos e un pequeno agasallo.

 

En total case trescentos quilogramos de caramelos acompañados de música da charanga Os Zanfonos e do grupo de Gaitas da Terceira Idade e os bailes de Xamaraina, repartíronse nesta data.

 

O Concello da Guarda quere agradecer a todos os veciños e veciñas da localidade a súa participación neste Nadal e espera que o 2016 sexa un ano moi próspero para a vila e os seus habitantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones