Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Risos e emoción mesturáronse nas actividades conmemorativas do Día internacional das Mulleres na Guarda

As gargalladas sucedéronse durante o espectáculo, caracterizado polo humor e a crítica á moral dunha época.

As gargalladas sucedéronse durante o espectáculo, caracterizado polo humor e a crítica á moral dunha época.

Fecha: 26 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A programación cultural conmemorativa do Día Internacional das Mulleres, organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, finalizou na noitiña do 22 de marzo coa obra de teatro «Elisa e Marcela», que ateigou o salón de actos do Centro Cultural.

As gargalladas sucedéronse durante o espectáculo, caracterizado polo humor e a crítica á moral dunha época. As actrices da compañía A Panadaría deron a coñecer, a través desta comedia musical, a súa particular versión da verdadeira historia de amor de dúas mulleres galegas que, no ano 1901, conseguiron enganar a un cura para que as casara.

Elisa e Marcela foron, así, o primeiro matrimonio lesbio do que se ten constancia en España. E, ainda que o seu non foi un matrimonio fácil, as cómicas introduciron ao público na defensa da liberdade e a diversidade sexual cun sorriso. Non en van, a obra ven de acadar catro galardóns na XXIX edición dos Premios de Teatro María Casares, con recoñecemento ao mellor espectáculo, mellor dirección (Gena Baamonde), mellor actriz protagonista (Areta Bolado) e mellor texto orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman, Noelia Castro e Gena Baamonde).


Recoñecemento ás autoras
Dentro da programación, o concerto do dúo Femininoplural emocionou ao público durante a súa actuación, que en pouco menos dunha hora e media ofreceu un completo percorrido polo traballo de grandes creadoras de Cultura. Clara Schuman, Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez, entre moitras outras, recibiron unha xusta homenaxe o 10 de marzo da man de Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado).

O preto de medio centear de persoas que se achegaron a escoitalas á Casa dos Alonso atrevéronse tamén a xogar con elas. Así, a música, os contos e as historias servion de base para unha experiencia máis ampla, mesmo especial, na que a interacción entre as artistas e o público foi un ingrediente chave da peculiar homenaxe ás mulleres autoras.

Ámbalas dúas actividades leváronse a cabo contando co cofinanciamento da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones