Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Roberto José Álvarez Carrero asume a presidencia do PP de A Guarda

O novo presidente avogou por superar a decepción dos militantes e o contacto directo coa xente para lograr recuperar o goberno na Guarda ante o estancamento e a nefasta xestión do goberno socialista actual.

O novo presidente avogou por superar a decepción dos militantes e o contacto directo coa xente para lograr recuperar o goberno na Guarda ante o estancamento e a nefasta xestión do goberno socialista actual.

Fecha: 07 de Mayo de 2018

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular de A Guarda ven de celebrar este sábado día 5 de maio, no Hotel Novo Muiño de Camposancos, o seu Congreso Local que contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, secretario xeral do partido na provincia, ademáis doutros dirixentes nacionais e provinciais do partido.

Co lema "Un novo impulso", o Congreso Local do Partido Popular de A Guarda tivo un único candidato á presidencia: Roberto José Álvarez Carrero, resultando elixido por aclamación ante os numerosos militantes que acudiron o acto.

Na súa intervención, o novo presidente do PP guardés avogou por superar a decepción dos militantes e o contacto directo coa xente para lograr recuperar o gobernó na Guarda. Asemade, Carrero anunciou que vai a seguir reuníndose con toda a militancia do partido para "ilusionar a nosa xente cun proxecto novo e renovado para a o concello da Guarda que supere o estancamento e parálise que sofre o pobo da Guarda pola nefasta e incompetente xestión do goberno socialista actual".

Finalmente, Jesús Vázquez Almuniña, conselleiro de Sanidade, e anterior alcalde de Baiona, pechou o acto poñendo como exemplo de ben facer dos gobernos populares a do seu pobo de Baiona, sabedor que o próximo goberno popular de A Guarda obterá éxito, tarefa para que ofreceu o seu apoio e experiencia e a da dirección provincial do partido.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí