Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Salcidos en Branco e Negro prepara o seu primeiro libro

A tirada será limitada e non serán moitos os libros que queden dispoñibles para a súa adquisición fora das reservas

A tirada será limitada e non serán moitos os libros que queden dispoñibles para a súa adquisición fora das reservas

Fecha: 20 de Septiembre de 2017

Fuente: Salcidos en Blanco y Negro

Despois do éxito das exposicións, nesta última contando con mais de 750 visitantes, Salcidos en Branco e Negro da un paso importante e prepara o seu primeiro libro, que será unha pequena recompilación do fondo fotográfico da parroquia.
 
Era unha demanda dos veciños que sempre fora posposta por falta de financiación e a complexidade de aventurarse a autoedición. Pero o grupo de veciños que compoñen o grupo de Facebook "Salcidos en Blanco y Negro" botouse o monte e ideou un sistema para poder autofinanciar o libro a través dun "crowfunding de aldea", que e como lle chaman a venda anticipada dos exemplares a precio practicamente de custo, pudendo adquirir vales de reserva de 2 exemplares a 10 euros o vale.
 
Deste xeito os veciños poden reservar o libro que sairá en decembro e retiralo coa presentación da papeleta. Así, ademáis de ter unha referencia da demanda do libro, os organizadores poderán facer fronte os gastos de impresión sen necesidade de ningún tipo de financiación externa. Os vales estarán a venda en 5 locais da Guarda: Peluquería Gustavo no Coruto, Estanco Altamar, Cafetería do Recreo Artístico Guardés, Cruceiro Pinto en Salcidos e Agricola Ago Jade en Pintán, os que agradecen enormemente a súa colaboración.
 
Estes establecementos terán dispoñibles os vales ata finais de outubro, ou ata que se esgoten. Animamos os veciños que queiran desfrutar de fermosas imaxes da súa parroquia a adquirir os vales para poder garantir existencia do libro, xa que a tirada será limitada e non serán moitos os libros que queden dispoñibles para a súa adquisición fora das reservas.

A aceptación nos primeiros días de venta de vales foi moi boa, superando incluso as expectativas, algo que pon en valor o esforzo e a implicación dos nosos veciños que non dubidan en apoiar este tipo de actividades colaborativas en pos da recuperación da memoria da parroquia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones