Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Salcidos presenta o seu libro este venres no Centro Cultural da Guarda

Venres 22 de Decembro as 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda

Venres 22 de Decembro as 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda

Fecha: 22 de Diciembre de 2017

Fuente: Salcidos en Blanco & Negro

Despois de meses de traballo, e froito do proxecto que naceu en xaneiro do 2013 a través dun grupo da rede social facebook "Salcidos en Blanco y Negro" os veciños de Salcidos queren presentar en sociedade o seu libro, un fermosos libro de imaxes onde os propios veciños son os protagonistas da historia, recollendo nas súas 192 páxinas unhas 400 fotografías coas que desfrutar revivindo xentes e recordos.

Este libro é froito da ilusión e do traballo dun grupo de veciños que quixeron recuperar o seu pasado e plasmalo nunha publicación que recollese, a través das imaxes, parte da historia dos seus amigos e familiares. O mesmo foi sufragado polas aportacións dos veciños que montaron o que eles mesmos bautizaron como "crowdfunding de aldea", adquirindo por adiantado os libros a través duns vales.

A presentación será o venres 22 de Decembro as 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda, no salón de actos, con entrada libre, onde tamén, o rematar un sinxelo acto duns 20 minutos aproveitaran a ocasión para proxectar, cortesía de Grupo Sanroquiño, a fantástica película "O Pisco" que trata do estraperlo entre España e Portugal a mediados do século pasado, e do que Goian, e tamén Salcidos, ten moito que contar...

O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o evento os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte. Haberá tamén algúns exemplares a venda para aqueles que non tiveron a oportunidade ou non quixeron compralo por adiantado.

Invitamos a todo o pobo de Salcidos e os nosos veciños a participar con nos neste pequeno, pero pata nos importante acto, no que queremos celebrar que parte do nosos patrimonio fotográfico queda neste libro a bo recaudo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones