Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Salcidos presentou orgulloso o seu álbum fotográfico

O libro, con case 200 páxinas e máis de 400 fotografías, recolle, enmarcados en diferentes temas as fotos que os veciños foron cedendo nos últimos 4 anos

O libro, con case 200 páxinas e máis de 400 fotografías, recolle, enmarcados en diferentes temas as fotos que os veciños foron cedendo nos últimos 4 anos | Foto: Victoriano da Ghoreña

Fecha: 28 de Diciembre de 2017

Fuente: Salcidos en Blanco & Negro

Máis dun cento de persoas asistiron con orgullo, na noitiña do pasado venres, á presentación do Álbum Fotográfico da Parroquia de Salcidos, SALCIDOS EN BRANCO E NEGRO. No acto participaron Javier Crespo, Concellerio de Patrimonio, Ricardo Rodríguez, cronista local, e Antonio Fontenla, un dos promotores desta publicación. Nas súas intervencións todos destacaron o importante fito que isto supoñía para a parroquia Salcidense, o tratarse dunha posta en común do patrimonio de todos, algo do que todos os veciños deberían sentirse orgullosos, e do que ben deberan tomar nota aqueles que esconden nos caixóns o rico patrimonio de todos.

O libro, con case 200 páxinas e máis de 400 fotografías, recolle, enmarcados en diferentes temas as fotos que os veciños foron cedendo nos últimos 4 anos e sobre as que levan traballando no grupo de facebook "Salcidos en Blanco y Negro", polo que, como ven indicou Antonio Fontenla, este libro e froito do esforzo de moita xente que ilusionada presenta o seu traballo a todo o pobo. O rematar o acto proxectouse a película "O Pisco" do Grupo Sanroquiño que arrancou as risas dos presentes.

Desde ese mesmo día, aqueles que mercaron os vales do mesmo, puideron retiralo na presentación, e a partir do día seguinte nos locais que xa venderán os vales: Altamar, Recreo Artístico Guardés, Barbería do Curuto, na Tenda do Cruceiro Pinto e en Agro Jade, Pintán. A acollida da publicación foi moi boa incluso entre aqueles que non o mercaron por anticipado, polo que, ante o limitado número de exemplares para venda directa estase pensando nunha pequena ampliación de tirada, unha vez se esgote a presente, da que aínda están dispoñibles algún exemplares en venda directa, co fin de que ninguén se quede sen o libro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones